Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle a Rueda que asuma en primeira persoa as negociacións para a mellora do sistema sanitario

O portavoz do Grupo Socialista lamenta as agresións aos alcaldes de A Illa e Vilanova e censura a estratexia de crispación alentada polo PP

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, sinalou hoxe ao presidente da Xunta como responsable último da situación da sanidade galega. Diante da xestión “absolutamente desastrosa” do equipo do Sergas, esixiulle a Rueda que asuma “en primeira persoa, de forma directa e sen ningún tipo de reticencias” as negociacións co colectivo de persoal sanitario para reverter o colapso sanitario.

Álvarez lamentou a “demostrada incapacidade” amosada polos responsables de Sanidade da Xunta, que teñen levado ao sistema ao límite e abocan ao persoal a ameazar cunha escalada de mobilizacións. Lamenta que a única resposta do conselleiro de Sanidade sexa “lugares comúns e falsidades” sinalando ao goberno do Estado, polo que, concluíu, “se o conselleiro non é quen de resolver os problemas da sanidade, deberá ser o presidente da Xunta” quen o faga.

O responsable socialista lembrou que, logo de meses sinalando á falla de prazas MIR habilitadas polo Estado como causa da falla de médicos, a Xunta deixou sen convocar no último curso un total de 105 prazas MIR que tiñas habilitadas, moitas delas en especialidades deficitarias. E todo isto, dixo, logo de que entre 2010 e 2022 a Xunta renunciara a convocar un total de 180 prazas MIR de medicina familiar e comunitaria..

Este déficit de prazas de médicos que a Xunta deixa sen convocar, dixo, “terán consecuencias nos próximos anos”, ao igual que os centros de saúde de Galicia padecen hoxe a falla de convocatorias de medicina familiar entre 2010 e 2022. Puxo como exemplo o que sucedeu esta fin de semana no Salnés, onde o sábado quedaron sen médico en O Grove, Caldas, Baltar e Bueu e, xa o domingo 8, tampouco houbo sanitarios en O Grove, Baltar, Caldas, Vilagarcía e A Parda.

A situación da sanidade pública galega deriva dun “problema estrutural” que os socialistas galegos levan denunciando dende hai meses, que o goberno galego intenta tapar con solucións precipitadas e ineficaces. É o caso do persoal de enfermaría, obrigado a asumir funcións que non lles corresponden, ou da contratación de médicos externos que carecen de acceso ao historial dos pacientes que atendían.

Sinalou tamén a situación do persoal de ambulancias, un concurso que supón o desembolso de máis de 200 millóns de euros ao ano que a Xunta lle entrega a propostas en baixa temeraria que deriva nunha prestación deficitaria do servizo e a vulneración dos dereitos laborais dos traballadores sen que o Sergas faga nada por evitalo.

Crispación política

O portavoz do Grupo Socialista realizou hoxe unha “condena clara” das agresións sufridas esta fin de semana polos alcaldes de Vilanova e A Illa, vítimas de “actitudes inadmisibles”, e apuntou á “situación de crispación social á que declaracións como as que fixo nas últimas horas Miguel Tellado contribúen de maneira decisiva”. Sinalou que o actual vicesecretario xeral do PP “o único que fai é crispar á sociedade” ao poñer en dúbida a lexitimidade do presidente do goberno.

Apuntou que a crispación é consecuencia de “liñas políticas equivocadas”, que teñen como resultado situacións “como estamos a ver en Brasil”. Reclamoulle ao PP “moito coidado coas cousas que se din”, porque “en política non vale todo con tal de desprestixiar ao adversario”, e instou a aquel partido político a “sosegar o clima” e “xogar limpo con argumentos construtivos” de cara aos procesos electorais deste ano.

Sinalou que esta estratexia deriva da falla de argumentos na crítica económica, cando logo de augurar “pouco menos que unha recesión económica e un país ao borde da intervención por parte da UE”, se ten demostrado que as políticas económicas “eran acertadas”. Grazas á actuación do goberno, dixo, España é o país co menor incremento do IPC na Eurozona e rexistra unha evidente creación de emprego.

Afeoulles que cuestionen os datos cando evidencian a creación de emprego en España, para a continuación dicir que cando as mesmas cifras reflicten creación de emprego en Andalucía, Murcia ou Castela e León, segundo eles derivan de “políticas de creación de emprego acertadas”. Preguntou “en que quedamos, os datos son ou non son reais?, están ou non están maquillados?”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24