Categorías: Actualidade

Luis Álvarez esíxelle a Rueda que “aclare as responsabilidades políticas” polo “carrusel de incompetencias, incongruencias e espantosos ridículos” na xestión da crise dos pélets

O portavoz do Grupo Socialista censura que en cuestión de horas pasaran de rexeitar axuda do goberno a “pedir a intervención da Armada Invencible, Aquaman e parte da flota estelar de Star Wars”

Julio Torrado alerta de que os recortes do PP na atención primaria provocan retrasos de ata 12 días no centro de saúde “e así é como se saturan as Urxencias”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, emprazou hoxe ao presidente da Xunta a “aclarar” as “reponsabilidades políticas” do goberno galego logo do “carrusel de incompetencias, incongruencias e espantosos ridículos” pola súa xestión da crise medioambiental dos pélets. Álvarez interveu na Deputación Permanente do Parlamento que debateu hoxe a petición de comparecencia de Alfonso Rueda e da conselleira de Medio Ambiente.

O responsable socialista cuestionou que o PP rexeitara a comparecencia do presidente da Xunta para mudala pola intervención, mañá venres, da conselleira de Medio Ambiente, nun intento de “enviar a alguén de segundo nivel e que aguante os tortazos”. Lamentou que “haberemos de conformarnos” coa comparecencia para “poñer de manifesto as contradicións, falsidades e manipulacións” da Xunta nesta crise e dun presidente que “non está funcionando”.

Álvarez cuestionou que logo dun mes “de bandazo e bandazo” e “negando o que era a todas luces un problema grave”, o goberno galego pasou de negarse a pedirlle axuda ao goberno a, en cuestión de horas, “pedir a intervención da Armada Invencible, de Aquaman e de parte da flota estelar de Star Wars”.

Ironizou cos recursos que demandou a Xunta “non sei se para invadir algunha illa do Atlántico Norte ou conter algo que é moi difícil en alta mar”, como ten afirmado a propia Organización Marítima Internacional, que sinala a dificultade de detectar os pélets na auga. Cualificou de “incongruente e infantil” que o conselleiro do Mar deixe por escrito que son “indetectables” na auga e a continuación esixirlle ao Estado que os retire na auga: “ou arre ou xo”, resumiu.

Explicou que a “participación da Xunta e do presidente” para clarificar a súa xestión “sería un elemento clave de transparencia mínima e de sanidade democrática” logo dunha situación que os ten desbordado e que mesmo ten chegado á prensa internacional. Medios como Le Monde, dixo, están a cuestionar a xestión da Xunta e o seu retraso polos intereses electorais de Feijóo, “máis preocupados de non alarmar a un mes dos comicios que de controlar a situación”.

Criticou as súas “mentiras” cando dixeron que non tiñan coñecemento da invasión de pélets da que estaban alertados dende o 13 de decembro, polo que se negaron a activar primeiro e elevar despois o nivel do Plan Camgal ata o 9 de xaneiro. Luis Álvarez criticou que teñan empregado esta crise para “responsabilizar a outros do problema” sinalando aos concellos e ao Estado para manter a súa estratexia de confrontación.

De aí que tardaran tanto en activar o nivel 2 do Camgal que habilitaba ao Estado a actuar, intentando “minimizar o impacto público da situación”, e mentres “botándolle parte da culpa aos concellos” pola limpeza das praias. E cando activan a axuda do Estado piden medios para detectar os pélets no mar, que saben que non é posible, “para dicir que o Estado non pon a disposición o que se lle demanda”.

Subliñou que o goberno de España ten trasladado dende o primeiro momento a súa disposición para poñer en marcha en 12 horas os medios que se requiran para a retirada dos pélets fora da auga. Afeoulle á Xunta que continúe na “fase típica de xestión por parte dun goberno incompetente de negación e minimización dun problema” nunha estratexia de “busca implacable de culpables e castigo exemplar de inocentes”.

Sanidade

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, interveu tamén no debate para solicitar a comparecencia de Rueda polo colapso sanitario deste inverno e que dea conta das consecuencias dos recortes do PP na sanidade galega durante os últimos 15 anos. A falla de persoal ten provocado a situación paradoxal de hospitais con “camas baleiras e xente esperando en Urxencias a ser ingresada porque non hai profesionais para atendelos”.

Advertiu que o problema “estoupa en Urxencias, pero non é un problema do servizo Urxencias”, senón que deriva do desmantelamento continuado durante anos da Atención Primaria. Subliñou que “cando hai 7, 10 ou 15 días de espera para o médico de cabeceira e con 70 anos tes un problema respiratorio non esperas, a xente vai ás urxencias”.

Dixo que “estamos a pagar os recortes do PP e, por culpa deles, todo o sistema vese prexudicado”, cando mesmo os pacientes máis graves quedan agardando 24 ou 48 horas en Urxencias antes de ser subidas a planta porque “hai camas pero non profesionais que as atendan”.

E isto é así porque Galicia ten hoxe 900 profesionais de Atención Primaria menos que en 2009 segundo os datos oficiais da Xunta, mentres a Xunta de Feijóo e Rueda asumía entusiasta os recortes de persoal impostos por Rajoy e ademais renunciaban a formar 180 médicos e o 40 por dento das prazas de enfermaría de Atención Primaria.

Lembrou que agora o goberno do Estado está a superar en máis do dobre a oferta de prazas de formación dos anos dos recortes de Rajoy e Feijóo, e “non habilita máis porque Galicia non as pide”. Dixo que o goberno galego “debera dar explicacións e non botarlle a culpa á xente por ir a Urxencias cando ten que esperar unha semana ou semana e media para ir ao Centro de Saúde.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05