Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Luis Álvarez critica a estratexia “irresponsable e destrutiva” do PP tras vetar o plan de choque socialista para minimizar o impacto económico da guerra de Ucraína

O portavoz do Grupo Socialista defendeu un paquete de medidas “urxentes e responsables” para axudar a particulares, autónomos e empresas ante a “peor das situacións que nin sequera podiamos imaxinar hai pouco máis de mes e medio”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe á Xunta de Galicia que poña en marcha un plan de choque para facer fronte ás consecuencias económicas da guerra de Ucraína. A proposta recollía un paquete de medidas “urxentes e responsables”, elaboradas polo PSdeG e dirixidas a minimizar o impacto da crise para os particulares, as persoas autónomas e as empresas. E incluía demandas ao goberno da Xunta pero tamén ao goberno central, xa que o novo escenario económico derivado da guerra de Ucraína require do compromiso e impulso necesario por parte de todas as administracións.

“Estamos”, advertiu Álvarez, “na peor das situacións  que nin sequera podiamos imaxinar hai pouco máis de mes e medio”. Con todo, o Partido Popular decidiu seguir coa súa estratexia irresponsable e decidiu votar en contra da proposición non de lei do Grupo Socialista.

Ante esta situación, Luis Álvarez botoulle en cara ao PP, á Xunta e a Feijoo que mimetice a actitude “inédita” que mantivo durante a pandemia. Así, fronte a un goberno central que achega solucións e aporta medidas para paliar as consecuencias da crise derivada da guerra de Ucraína, o goberno galego limítase a facer “unha oposición destrutiva” na que, para máis, non fai nin unha soa aportación para axudar aos sectores e cidadáns máis afectados.

Álvarez criticou, ademais, que esa actitude vaia acompañada dun coro de risas e precedido dunha ridiculización do adversario político. “Iso”, dixo, “non é d0igno de ningún presidente, por moito que queira aparentar unha seriedade e solvencia das que desgraciadamente carece e que en pouco tempo vai evidenciarse tamén no ámbito estatal”.

Para corroborar estas palabras, o voceiro parlamentario do Grupo Socialista enumerou unha serie de datos contrastados dos que “é normal non se sinta orgulloso ningún goberno nin o seu presidente, por moito que estea xa no carril de saída”. Neste senso, lembrou que Galicia ocupa o posto 11 das comunidades autónomas españolas en salario medio anual, o 10 en taxa de risco de pobreza, o 10 en PIB por habitante ou 18 en taxa de actividade. A maiores, presenta o peor dato de IPC do Estado no mes de febreiro.

“Partimos, polo tanto, dunha situación máis feble na nosa comunidade”, remarcou Álvarez. Por iso, co obxectivo de corrixir esta situación, o Grupo Socialista propoñía unha serie de medidas urxentes e responsables para facer fronte a situación que están a padecer os e as particulares, as persoas autónomas e as empresas. “Son propostas que non quedan no ambiguo ámbito das reunións e os estudos”, dixo en referencia a unha Xunta que “so anuncia sen concretar”, en contraste coas “amplísimas” medidas adoptadas do goberno central.

O PLAN DE CHOQUE SOCIALISTA VETADO POLO PP

  1. Plan de bonificación extraordinario de impostos de carácter autonómico aboados durante o exercicio 2022 relacionados directamente coa actividade desenvolvida para todas aquelas empresas, pemes, micropemes e persoas traballadoras autónomas directamente afectadas pola situación conxuntural.

  1. Colaborar co Goberno de España para rebaixar a imposición sobre hidrocarburos, ben mediante a actuación sobre o Imposto Especial de Hidrocarburos, ben mediante a aplicación dun IVA a tipo reducido.

  1. Demandar da Xunta unha redución no tramo autonómico do IRPF para aquelas persoas non obrigadas a presentar a declaración da renda, pero cuxos ingresos si están suxeitos a retención e negociar co Estado unha rebaixa paralela.

  1. Un plan de axudas directas extraordinarias para empresas e persoas traballadoras autónomas afectadas por esta situación.

  1. Plan de axudas específico para o sector marítimo pesqueiro e mar-industria.

  1. Un plan de axudas directas extraordinarias para o sector agrario e gandeiro afectado polo incremento dos combustibles e insumos.

  1. Reforzar orzamentariamente as axudas para as persoas máis vulnerables ou en risco de exclusión social.

  1. Incrementar a contía orzamentaria do bono social eléctrico e térmico para ampliar atención das persoas vulnerables ou en exclusión social no noso país.

  1. Redución das peaxes das autoestradas de titularidade autonómica. Baixada das tarifas nun 75 % para os profesionais do transporte e nun 50 % para o resto dos usuarios.

  1. Impulsar que o Goberno de España negocie coas concesionarias, nomeadamente a da AP-9, unha baixada similar nas autoestradas de titularidade estatal.

  1. Compensar economicamente aos profesionais transportistas para que se alcance a completa bonificación das peaxes que non sexan de titularidade autonómica.

  1. Rebaixa nas taxas da ITV (competencia da Xunta de Galicia). Redución das tarifas da inspección técnica de vehículos nun 75% para os profesionais do transporte e nun 50 % de media, con carácter progresivo, para o resto dos usuarios.

  1. Exención das tarifas portuarias namentres non se acade unha recuperación efectiva do sector.

  1. Que a Xunta, a través do IGAPE, habilite un fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas afectadas polo peche de mercados en Rusia e Ucraína, sempre vinculado a que non haxa despedimentos.

  1. Identificación e impulso lexislativo para determinar, por parte da Xunta de Galicia, os proxectos estratéxicos dirixidos a elevar a autosuficiencia enerxética a baixo custe tanto para ámbito doméstico como para o aprovisionamento industrial.

  1. Impulsar dende a propia Administración autonómica un instrumento financeiro de participación e liderado no desenvolvemento de proxectos estratéxicos, como ocorreu con Reganosa.

  1. Colaborar coa rede exterior na identificación de novos mercados para o aprovisionamento de cereais e outras producións que poden ver interrompido o subministro a causa da guerra.

  1. Instar ao Consello Económico Social á elaboración urxente dun informe sobre o impacto que supón esta situación nos sectores prexudicados.

  1. Simplificar até o máximo posible, dentro do marco legal permitido, todos procedementos administrativos e crear todas as estruturas precisas para facer efectivas as medidas anteriores

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00