Categorías: Actualidade

Luis Álvarez critica a “ausencia absoluta” de goberno á fronte da Xunta: “Están máis preocupados por quen vai ser o sucesor de Feijóo que por atender os problemas de Galicia”

Censura que “levan semanas, meses enteiros, sen ser quen de afrontar a situación de emerxencia” que vive a comunidade autónoma e agora as súas preocupacións “vense nos movementos do PP”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, criticou hoxe, trala celebración do acto das Medallas do Parlamento de Galicia celebrado na propia Cámara galega, a “ausencia absoluta” de goberno á fronte da Xunta de Galicia.

“A preocupación que teñen neste momento na Xunta vese simplemente nos movementos do Partido Popular”, lamentou do dirixente socialista, quen sinalou que o presidente e os seus conselleiros “están máis preocupados por quen vai ser o sucesor de Feijóo que por atender os problemas de Galicia”.

Con todo, o responsable socialista destacou que “xa non é cuestión do que ocorreu esta fin de semana, que tamén porque non había ningún conselleiro de garda en Galicia, xa que estaba todo o goberno da Xunta no Congreso do PP en Sevilla”, senón que “o problema é que levan semanas, meses enteiros, sen ser quen de afrontar a situación de emerxencia que está a vivir a comunidade autónoma”, concluíu o socialista.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32