Categorías: Actualidade

Luis Álvarez contrapón o modelo de residencias públicas construídas polas deputacións socialistas fronte á “precarización e privatización” do goberno galego

O portavoz do Grupo Socialista empraza a PP e BNG a explicarlle aos 680.000 pensionistas galegos “por que votaron contra a suba das pensións”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, contrapuxo hoxe o modelo de residencias públicas que teñen que construír as deputacións presididas polo PSdeG que ao PP “non lle gustan” porque prefiren “precarizar e privatizar a atención ás persoas maiores”. Álvarez centrou a súa intervención na sesión de control ao presidente da Xunta no desleixo na atención ás persoas maiores por parte do goberno galego.

O responsable socialista aludiu no Parlamento ao recente anuncio do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, da construción de 4 novas residencias públicas, mentres o goberno galego incumpre o compromiso acadado por Feijóo en 2017 de facer 7 residencias con 900 prazas públicas nas grandes cidades galegas. Álvarez emprazou ao presidente da Xunta a “dicir un prazo certo” para a posta en marcha destas infraestruturas, que Rueda eludiu responder.

Álvarez cuestionou o compromiso do goberno galego con esta poboación logo de que segundo a execución orzamentaria da Xunta do ano 2022 revelara que deixaron sen executar 23 millóns de euros do programa de Atención ás persoas maiores e Dependentes que “terán que pensar cantas residencias poderían financiar”.

E isto mentres Galicia ten un déficit de 14.000 prazas públicas e o goberno galego “o único que garante é que 8 de cada 10 prazas de maiores sexan privadas” que, explicou, custan o dobre dunha pensión media en Galicia e triplican unha pensión de viuvez. Lembrou que o PP asumiu o goberno en 2009 con 15.466 prazas residenciais, e a partir de aí “só fixeron 1.200 prazas públicas”, 14.000 menos das que precisan os pensionistas galegos.

Pensións

O portavoz do Grupo Socialista reclamoulle ao presidente da Xunta e ao BNG que lles expliquen aos 680.000 pensionistas galegos “por que votaron que non á suba da pensión de todos eles”, que suporá de media 1.300 euros de incremento ao ano. Criticou que o PP, da man de Feijóo, prefira “o modelo francés, con París moito máis iluminado polas fogueiras”, en alusión ás protestas sociais no país veciño logo da reforma do modelo de pensións.

Criticou a “falla de compromiso” do Executivo autonómico cos pensionistas, máis alá de aproveitar a convocatoria electoral para adiantar o pago das pensións non contributivas a antes das eleccións municipais. Dixo que este pago aumentará en Galicia un 5 por cento, apenas unha terceira parte do incremento do 15 por cento decretado polo Estado

O portavoz socialista situou a atención aos maiores por parte do goberno galego “no metaverso da asistencia social”, con “anuncios repetidos de marabillas que nunca chegan e con elementos imaxinarios que só habitan nas súas mentes”. Aludiu ás 7 residencias para as grandes cidades, así como ao anuncio reiterado de reducir os trámites para a Dependencia que non acaban de concretar, e que “con tanta simplificación acabará dando cero”, é dicir, quedando en nada.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00