Categorías: Actualidade

Luis Álvarez considera “inadmisible” que Feijóo e Rueda deixaran sen gastar 1.770 millóns de euros de políticas activas de emprego dende 2009

O portavoz do Grupo Socialista esixiralle ao presidente da Xunta que dea conta no Parlamento da falla de medidas para mellorar a situación económica en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, cualificou hoxe de “inadmisible” que os gobernos de Feijóo e Rueda deixaran sen gastar ata 1.770 millóns de euros do orzamento da Xunta para políticas activas de emprego dende o ano 2009. Logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, Álvarez emprazou a Rueda a dar conta, na próxima sesión de control, da falla de medidas para mellorar a situación económica dos galegos e das galegas.

O responsable socialista reclamoulle ao presidente da Xunta que ofreza “algo máis que vaguidades e obviedades”, e esixiu medidas concretas para axudar aos galegos e galegas en situación de vulnerabilidade, medidas estratéxicas para dinamizar a economía e apoio a empresarios e autónomos. Na mesma sesión plenaria, os socialistas presentarán unha interpelación neste mesmo sentido para reclamarlle á Xunta medidas para mellorar o mercado de traballo de Galicia.

Advertiu que, segundo a Enquisa de Poboación Activa, Galicia ten hoxe un 14 por cento máis de parados de longa duración que en 2008, ao tempo que ten 10,1 por cento menos traballadores en total. Criticou que neste contexto, o goberno galego deixe sen gastar preto de 2.000 millóns de euros dende a chegada do PP á Xunta, e reclamou propostas concretas para recuperar aos parados de longa duración ou reducir a fenda salarial entre homes e mulleres.

Álvarez afeoulle ao goberno galego que nin sequera tiveran a ben convocar “nin unha soa vez nesta Lexislatura” ao Consello Autonómico ou aos consellos provinciais de emprego, órganos consultivos a disposición do goberno galego.

Saúde Mental

O Grupo Socialista presentará no próximo Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para reclamarlle á Consellería de sanidade que aumente o persoal asignado á saúde mental no sistema sanitario  público para acadar a media estatal de profesionais en cada unha das categorías nun prazo de 3 anos. Ademais, reclama o inicio do proceso para que antes do remate de 2024 cada área sanitaria teña en funcionamento unha Unidade de Hospitalización Infanto – Xuvenil.

Alertou do “claro déficit de profesionais na saúde mental” con relación ao resto do Estado, diante dos “informes alarmantes” da OMS que revelan que 1 de cada 7 menores de idade presenta problemas de saúde mental.

Luis Álvarez anunciou ademais que o Grupo Socialista presentará unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que dea conta do cumprimento do Plan de Vivenda 2021 – 25, logo de 2 anos cumpridos, pero que foi aprobado “sen o máis mínimo indicador, ningún número que permita determinar o número de vivendas ou axudas á rehabilitación concedidas”.

Igualdade

O Pleno do Parlamento da próxima semana incluirá ademais as dúas mocións en materia de igualdade derivadas das interpelacións que os socialistas galegos presentaron na sesión anterior con motivo da celebración do 8M. Desta volta, reclamaranlle á Xunta que poña en marcha un novo Plan de Igualdade nos centros educativos galegos, logo de 3 anos de que rematara a anterior edición sen que a Consellería de Educación amosara unha mínima intención de reeditalo.

Tamén lle esixirán ao PP que vote e polo tanto se pronuncie sobre a moción que lle reclama á Xunta que cumpra cos acordos parlamentarios que reclaman a creación do observatorio galego da igualdade no sector pesqueiro galego con dotación orzamentaria específica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13