Categorías: Actualidade

Levamos ao Parlamento as demandas sindicais para que a Xunta habilite o teletraballo na Administración Autonómica

A portavoz de Política Institucional do Grupo Socialista, Paloma Castro, anunciou que defenderá no Parlamento unha serie de propostas na liña das demandas dos sindicatos UGT e CCOO, que veñen de reclamarlle á Xunta que habilite o teletraballo aos traballadores da Administración Autonómica que así o soliciten.

A responsable socialista reclámalle á Xunta que “predique co exemplo e faciliten ese autoconfinamento de facto do que fala Feijóo”, desbloqueando o teletraballo para os traballadores autonómicos que non desempeñen funcións cara ao público. Castro xa presentou unha proposición non de Lei neste sentido na Comisión de Política Institucional do Parlamento, que foi rexeitada polo PP, e volverá defender esta proposta logo da petición sindical.

A responsable socialista reclamoulle ao goberno galego “que actúe do mesmo xeito que fixo na primeira onda da pandemia, concedendo con carácter xeral e extraordinario o teletraballo á meirande parte das persoas empregadas públicas que así o solicitasen”. Se daquela habilitaron esta fórmula excepcional “máis laxa que a ordinaria”, a situación actual, “moito máis grave”, fai que a medida “estea plenamente xustificada”.

O Grupo Socialista solicítalle á Xunta que conceda o teletraballo ordinario “mentres nos atopemos nesta situación de emerxencia sanitaria” a aquelas persoas traballadoras da Xunta que o pidan “salvo aqueles casos nos que desempeñen funcións cara ao público ou nos que a súa presenza sexa indispensable”.

Desta forma, dixo, o goberno galego daría exemplo do cumprimento das recomendacións do propio presidente da Xunta, pedindo un “exercicio de responsabilidade” que dea paso a unha sorte de “autoconfinamento” e limitando ao máximo as relacións sociais, adoptando o teletraballo “sempre que sexa posible”.

Lamentou sen embargo que estas recomendacións, acompañadas de medidas estritas para evitar ao indispensable as relacións sociais, foran acompañadas da súa habitual estratexia de “botar balóns fora e eximirse de responsabilidade pola situación sanitaria na que nos atopamos, culpando ao Goberno de España e á cidadanía”. Advertiu que estas declaracións “semellan máis unha desculpa de patio de colexio que a actitude dun xestor responsable”.

A realidade do teletraballo

Castro explicou que a situación real do teletraballo “dista moito do discurso que vende Feijóo”, cunha realidade “moi dispar segundo a Consellería ou organismo no que se traballe” debido á “alta discrecionalidade” que permite a norma. Sinalou que “dúas mulleres do mesmo concello, co mesmo número de fillos e categoría profesional semellante, unha ten concedido o teletraballo pola Consellería de Medio Ambiente e outra, que traballa en Facenda, o ten denegado”.

A realidade práctica do teletraballo, sinalou, ten sido diferente do discurso “oficial” do goberno galego, “aplicándose de forma moi restritiva e cun alto grao de discreción”. O novo acordo ao respecto, publicado o pasado 7 de xaneiro, ten “luces e sombras”, xa que se ben limita o requisito de ter traballado no posto durante 2 anos a só 1, e ao mesmo tempo “limita aínda máis a duración do teletraballo obrigando á presenza a metade dos días laborais da semana”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02