Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego esíxelle á Xunta que repoña de inmediato as urxencias médicas na Casa do Mar de Moaña e que reforce o persoal de atención primaria para reducir as “importantes” listas de espera

Denuncia o gran malestar que está causando na veciñanza que a vila siga sen urxencias médicas e sen recuperar os índices de atención presencial previos á pandemia

A deputada socialista Leticia Gallego denunciou hoxe o traslado das urxencias de Moaña a Cangas e a implantación da atención médica telefónica. Gallego explica que a medida adoptouse no seu día para centralizar a atención a pacientes con síntomas de covid, pero o seu mantemento “nestes momentos nos que imos cara a nova normalidade está a causar un gran malestar entre a veciñanza”.

Nesta liña, tamén lamenta que aínda non se recuperasen “as ratios de consultas presenciais anteriores á pandemia” e que haxa que “soportar atrasos moi importantes nas citas da atención primaria”.

Para corrixir esta situación -e en consonancia coas demandas do grupo municipal socialista en Moaña, encabezado pola tenente de alcaldesa Marta Freire Riobó- o PSdeG vén de presentar unha serie de medidas no Parlamento de Galicia nas que se insta ao goberno galego a restituír, “de maneira inmediata”, as urxencias médicas na Casa do Mar de Moaña “para garantir a correcta e plena asistencia sanitaria dos seus veciños”.

En paralelo, a deputada do PSdeG tamén demanda que se “reforce o persoal da atención primaria para reducir as importantes listas de espera existentes na vila”.

Leticia Gallego sinala que, “ante a gravidade da crise da covid, a veciñanza puido entender que se derivase aos posibles doentes de coronavirus a centros de saúde concretos” ou que ante a aparición de síntomas sospeitosos de padecer a enfermidade “se debesen realizar consultas telefónicas previas para valorar o protocolo a seguir”. Porén, agora as circunstancias mudaron, e resulta “incomprensible” que se manteña esta situación.

Leticia Gallego enmarca esta problemática nun escenario global no que “dende hai tempo existen numerosas reivindicacións e queixas sobre a saturación do sistema en Galicia”. “Isto”, indica a parlamentaria do PSdeG, “vén dunha ineficiente xestión en termos de recursos materiais e humanos froito das políticas de recortes executadas polo Partido Popular dende a Xunta”, que fan que “Galicia afronte a situación cun problema de persoal grave no sistema sanitario público”.

Así, “unha clara mostra deses recortes” detéctase nos orzamentos da Xunta para 2022, onde o goberno de Feijoo reduce en 2 millóns de euros as partidas destinadas á Atención Primaria en comparación cos orzamentos de 2021. Todo isto “nun contexto de listas de espera para os e as especialistas, problemas de saturación nos centros de saúde e cun sistema de saúde público que está na UCI”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41