Categorías: Actualidade

Julio Torrado urxe á Xunta a executar a dragaxe dos Lombos do Ulla para evitar as riadas que provocan perdas masivas de produción marisqueira

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que execute con urxencia a dragaxe dos Lombos do Ulla para frear a mortandade no que foi un dos principais bancos marisqueiros de Galicia. Torrado presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Pesca para pedirlle á Xunta un informe técnico sobre a súa situación dos Lombos e que tome medidas en consecuencia, pero que o PP rexeitou.

O responsable socialista denunciou que “por moito que a Xunta e o PP digan que teñen feito informes sobre o banco marisqueiro, o certo é que ninguén os coñece e ninguén sabe da súa execución”. Emprazou ao goberno galego a “facer públicos os dous últimos informes cos que din contar” para “poder saír deste atasco e inacción”.

Denunciou o desleixo do goberno galego, que “mira para outro lado” mentres centos de familias levan 5 meses sen poder traballar e perden a campaña cunhas axudas da Xunta deseñadas “para que non poidan acceder a elas” e sobrevivindo tan só polas axudas do goberno central. Sinalou que “temos as mellores ameixas do mundo, e estamos deixándoas morrer porque hai unha Xunta que está a velas vir e pensando que sen facer nada vai pasar o problema”.

O responsable socialista explicou que no ano 2014 volveu ocorrer o mesmo, cunha Consellería “inactiva plenamente” sen facer nada para recuperar as capacidades produtivas da zona. Acusou ao goberno galego de “deixar que o bivalvo morra e no futuro algunha multinacional se faga cargo da produción, e entón si que aparezan as dragaxes”.

Torrado apuntou á necesidade da dragaxe, por canto os cambios das correntes, provocados pola construción de infraestruturas, fan que a area se acumule nun dos lados dos Lombos, canalizando a auga doce que procede dos baleirados do encoro de Portodemouros precisamente na zona de explotación. O aumento da auga doce altera a salinidade e a temperatura das augas, provocando desta volta a morte do 98 por cento dos bivalvos e a perda total da produción.

Lembra que o banco chegou a facturar 8 millóns de euros anuais, e que hoxe carece de actividade produtiva. Lamentou que “a Xunta nin está nin se lle espera”, logo de constatar o incumprimento do compromiso do ex conselleiro de Infraestruturas Agustín Rodríguez, que anunciara no seu día un investimento de 11 millóns de euros para o saneamento da ría que “nunca chegaron”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18