Categorías: Actualidade

O vencello do PP galego coa caixa b do PP centrará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, empregará a próxima sesión de control ao presidente da Xunta para esixirlle a Feijóo que explique a relación do PP galego coa caixa b do PP, logo das informacións coñecidas no xuízo da Audiencia Nacional. Así o explicou o viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, logo da Xunta de Portavoces do Parlamento que fixou a orde do día do Pleno da próxima semana.

Os socialistas galegos presentarán a pregunta ao presidente e unha interpelación sobre a “presunta corrupción do PPdeG”, logo de que tanto o ex xerente do PP Cristóbal Páez como o propio Bárcenas “constataron que a última operación” da caixa b foi “un pago en efectivo de 50.000 euros que procedía do PP de Pontevedra. Segundo Bárcenas, aquel pago foi repartido en dous sobres destinados a Rajoy e a Dolores de Cospedal.

Aquel pago foi realizado, lembrou, no ano 2010, cando Feijóo xa era presidente da Xunta e levaba 4 anos como presidente do partido, e cando o PP de Pontevedra era dirixido por Rafael Louzán, hoxe condenado por corrupción e que aínda preside a Federación Galega de Fútbol.

Ademais, dixo, os “papeles de Bárcenas” que foron aportados á Audiencia Nacional revelan 2 millóns de euros de ingresos procedentes de empresas privadas e dirixidos á contabilidade b do PP galego cando Feijóo xa era presidente do partido, no ano 2006. Ademais, engadiu, “no caso Kitchen fálase de que a Bárcenas roubáronlle papeis referidos á contabilidade do PPdeG”.

Todos estes factores levaron ao viceportavoz do Grupo Socialista a concluír que “os casos Bárcenas e Gürtel, comezan en Galicia, pasan por Galicia e rematan en Galicia, e ata o día de hoxe Feijóo non deu unha mínima explicación coherente ou convincente, aparte de negalo todo”. Puntualizou que “hai probas e indicios suficientes para afirmar que o PP foi dopado as eleccións durante moito tempo e como mínimo ás primeiras de Feijóo, en 2009”.

Axudas á hostalería

O Pleno da próxima semana incluirá unha proposición non de Lei do PSdeG para reclamarlle á Xunta que elabore un pan de rescate real para a hostalería e axilice ademais a tramitación das axudas para este sector. Arangüena explicou que o goberno de España está a destinar a este sector un total de 7.000 millóns de euros –dentro do plan de 11.000 millóns para asegurar a solvencia das empresas-, o que “contrasta abismalmente” cos apenas 187 millóns da Xunta.

O responsable socialista sinalou que a Xunta “ten que mollarse e estar á altura” para apoiar a un dos sectores máis castigados polas derivadas da pandemia, xa que “o que fixo ata o momento non é suficiente”.

O Grupo Socialista presentará ademais dúas mocións para reclamarlle á Xunta que constitúa un Observatorio Galego da Soidade, que permita elaborar un Plan Galego para atender á soidade non desexada, así como para reclamarlle á Xunta atención á Saúde Mental, a “grande esquecida” do sistema sanitario público de Galicia.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que tome as medidas necesarias para adaptar o corpus legal de Galicia á Lei de Eutanasia, de cara á súa inminente aprobación definitiva. O viceportavoz do Grupo Socialista salientou que o goberno galego é “un dos máis reticentes a aplicar a Lei” e esixiu garantías para “exercer este dereito en Galicia en plenitude de condicións”.

Peaxes

Pablo Arangüena anunciou unha pregunta oral sobre o compromiso do goberno de España coas infraestruturas galegas, logo de constatar o avance das obras do AVE a un ritmo “maior que cos gobernos de Rajoy”, así como da incorporación de máis de 60 millóns de euros nos Orzamentos Xerais do Estado para bonificar as peaxes da AP-9 que Aznar prorrogara ata 2048.

Lamentou a oposición do PP aos Orzamentos que facilitan o acordo coa concesionaria para aplicar as bonificacións, así como do BNG, a “única forza progresista que votou en contra dos Orzamentos”, e que escolle “manifestarse en coche emitindo CO2 á atmosfera”.

A sesión plenaria rematará con dúas preguntas orais sobre a posta en marcha do I Plan de Igualdade da Administración xeral da Xunta e sobre as medidas previstas polo Executivo autonómico en relación cos efectos da pandemia no mercado laboral galego.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27