Categorías: Actualidade

Julio Torrado reclámalle á Xunta “confrontar menos e xestionar máis” para superar a crise do coronavirus

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que “resolvan máis e confronten menos” na xestión da pandemia. Así o dixo o responsable socialista na comparecencia do conselleiro de Sanidade no Pleno do Parlamento, onde lle reclamou que clarifique “se están a favor ou en contra de prorrogar o Estado de Alarma”.

Torrado explicou que “xa estiveron en tódalas posicións, pero sempre fronte ao que facía o goberno de España” con relación ao Estado de Alarma, ata o punto de que agora “o seu partido dixo que están en contra, pero o conselleiro de Sanidade argumenta coma se estivera a favor” da prórroga. Lamentou que “o único que se trata é de confrontar, e coa confrontación pérdese a lexitimidade das institucións”.

Acusou ao PP de levar o partidismo “ata o estremo”, e alertou de que “a utilización retorticeira da liberdade provoca hooliganismo, provoca odio”, cando o goberno autonómico “en vez de confrontar tiña que estar  chamando á xente á calma e á prudencia”. Así o dixo logo de lamentar as concentracións “masivas e desordenadas” rexistradas esta pasada fin de semana nas grandes cidades do Estado.

O responsable socialista criticou que o conselleiro de Sanidade se teña apuntado á práctica da confrontación facendo bandeira do “ayusismo” que en Galicia tiña como a Feijóo como principal valedor.

Censurou que o goberno galego “dende o principio foi a discrepar”, ata o punto de que “con tal de discutir ata discuten a Constitución”, impoñendo unha reforma da Lei de Saúde que vai contra a Carta Magna. Lembrou que o Consello de Estado concluíu que “existen fundamentos para interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei” de Saúde modificada polo goberno galego.

Comparou esta norma coa Lei “de patada na porta”, impulsada polo ministro Corcuera, que invadía os dereitos das persoas sen ditame xudicial. Criticou que ao goberno galego “non lle gusta o Estado de Alarma pero tampouco lles gusta ir ao xulgado” a conseguir o ditame porque “iso acaba co debate, e non están por resolver a pandemia senón pola confrontación, polo que concluíu que “a vostedes gústalles facer o que lles pete, e iso é inconstitucional”.

Vacinación

Julio Torrado lamentou que a obsesión do goberno galego pola confrontación os teña levado mesmo a discutir que as vacinas chegaran por Portugal, dixeron que non chegarían ata abril, e hoxe cuestionan que en 100 días sexa posible chegar ao 70 por cento da poboación vacinada. Lembrou que “ata o momento as previsións do goberno se teñen cumprido e as de Feijóo non” cando dixo que vacinaría a 100.000 persoas nun só día.

Sinalou que o proceso de vacinación vai “razoablemente ben” e recoñeceu “o mérito de tódalas administracións”, dende o goberno central aos concellos, pasando polo Sergas. Lamentou que o goberno empregue tamén as vacinas para atacar ao goberno central cando “houbo deficiencias pola vacinación na Coruña, e Feijóo equivocouse cando dixo que a cidadanía recibía Pfizer cando estaban poñendo Astra Zeneca”, o que situou dentro dos “erros comprensibles”.

Ironizou ademais co argumento do PP, que presume de que Galicia é a segunda autonomía que vacina máis maiores de 60 anos “porque somos a segunda Comunidade Autónoma co máis maiores de 60 anos”. Concluíu, que “xa postos a empregar os datos, poden presumir que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis galegos vacina”, remachou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28