Categorías: ActualidadeParlamento de GaliciaSanidade

Julio Torrado denuncia as consecuencias dos problemas estruturais da sanidade galega na xestión da pandemia

O voceiro de Sanidade socialista afirmou que a Xunta expulsa aos profesionais porque a política de recursos humanos da Consellería “leva anos sendo lamentable e cicateira”

Volve preguntar cal é o número de rastrexadores porque “non é posible soster un sistema tan complexo con profesionais en quendas endiañadas que unhas veces están e outras non”

O voceiro de Sanidade do Grupo Parlamentario Socialista, Julio Torrado, volveu preguntar hoxe cantos rastrexadores ten contratados a Xunta de Galicia para loitar contra a propagación do coronavirus.

Fíxoo durante a comparecencia do conselleiro de Sanidade no pleno do Parlamento, no que Torrado puxo en evidencia que as grandes eivas de xestión da pandemia son consecuencia do “problema estrutural e non circunstancial” que arrastra a sanidade pública galega dende hai anos.

Nesta liña fixo especial fincapé en dous aspectos directamente vinculados á primeira liña de loita contra a covid: A situación dos rastrexadores e a dos profesionais de Atención Primaria.

RASTREXADORES

Con respecto aos rastrexadores, Julio Torrado volveu preguntarlle ao concelleiro cal é o seu número. Lembrou que nun primeiro momento Feijoo falou de 6.100 profesionais, que pouco despois esa cifra rebaixouse a 700 e que máis tarde o propio conselleiro afirmou que non sabía moi ben o que era un rastrexador.  “Igual vai sendo hora de afinar o que é un rastrexador e, sobre todo, de contratalos”, reclamoulle Torrado a Julio García Comesaña.

O deputado socialista afirmou que “non é posible soster un sistema tan complexo con profesionais que a veces están e a veces non, ou que fan quendas endiañadas cobrando mal e pouco”. A maiores recordou que “estamos vendo contratos a empresas externas que fan seguimento” ás que hai que chamar unha, dúas , tres ou catro veces para que contesten ou, nalgúns casos, con pacientes que aínda están agardando a que os chamen.

“Sería comprensible se fosen situación puntuais”, afirmou Julio Torrado, “pero neste sistema, a anécdota é que funcione ben”.

ATENCIÓN PRIMARIA

Con respecto á Atención Primaria, o deputado socialista denunciou a que “a política de recursos humanos da Consellería de Sanidade leva anos sendo cicateira e lamentable” e, en consecuencia, “temos una Comunidade que expulsa aos profesionais”.

Julio Torrado lembrou que en Galicia hai mil profesionais menos que en 2009 en Atención Primaria e que durante todo o mandato de Feijoo deixaron de pedirse 150 prazas de MIR en Medicina de Familia e Comunitaria. “Debe ser”, ironizou Torrado, “que non contaban que se xubilaría a xente, e iso que os médicos tamén cumpren un ano cada ano”.

Ao tempo, reprochoulle ao PP que pida agora máis prazas MIR para Galicia cando non o fixo durante a etapa de Rajoy e cando o único aumento de prazas chegou en 2018, co goberno de Pedro Sánchez.

En calquera caso, explicou que só o 20 por cento dos MIR que chegan a Galicia acaban sendo profesionais estables do sistema, cun 80 por cento que non. Unha situación que Julio Torrado achacou a que “somos a segunda peor comunidade en condicións salariais e e temos un sistema deficitario en termos de persoal -comparativamente moito peor que en España- porque as condicións de recursos humanos que se ofrecen son lamentables”.

“Trátenos mellor e vanse quedar”, sentenciou.

“A BOA NOVA É QUE NÓS NON SOMOS O PP”

Por outra banda, Julio Torrado puxo de relevo a oposición construtiva e leal que está a exercer o PSdeG en relación coa xestión da pandemia. Así, dende o primeiro momento “asumimos que isto era complicado e comprendemos os posibles erros, xa que xestionar unha situación destas características é inusual”.

Con todo, “temos discrepancias, pero cremos que é importante apoiar ao goberno”. E iso, ironizou, a pesar de que “algunhas cousas chaman un pouco a atención: Antes o virus non sabía de fronteiras nin de persoas pero agora si, e contáxiase todo o mundo menos en Sanxenxo, onde tardaron quince días en tomar medidas restritivas como as que tomaron antes noutros lugares coa metade de incidencia”.

Porén, “a boa nova”, explicou, “é que nós non somos o PP”, ao que Torrado acusou de estar facendo en relación coa pandemia “a oposición máis lamentable que se viu en Europa en moitos anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04