Categorías: ActualidadePortadaSanidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero demanda á Xunta fortalecer os servizos públicos cos 828 millóns de euros que recibe do fondo anticovid do Goberno de España: “Somos a quinta comunidade que máis recibe”

O secretario xeral do PSdeG reclama que se convoquen durante esta lexislatura 5.000 prazas estables para sanitarios despois de que o Conselleiro recoñecera listas de espera en Atención Primaria

Gonzalo Caballero participou hoxe na concentración en defensa da sanidade pública no centro de saúde de Baltar en Sanxenxo tras os ataques de Telmo Martin aos profesionais sanitarios

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, puxo de relevo hoxe os 828 millóns de euros que vai recibir a Xunta de Galicia procedentes do fondo anticovid activado polo Goberno de España. O líder socialista lembrou que Galicia vai ser a quinta comunidade do estado que máis cartos reciba, e reclamoulle ao goberno galego que “aproveite esta importante cantidade para fortalecer os servizos públicos en Sanidade, Educación ou Servizos Sociais”.

Gonzalo Caballero fixo estas declaración na concentración en defensa da sanidade pública en Sanxenxo para denunciar os problemas de xestión e a presión asistencial que padece o centro de saúde de Baltar, onde cómpre máis profesionais sanitarios.

Neste escenario, o mandatario socialista indicou que “é necesario que exista una mobilización masiva en Galicia para defender una sanidade pública de primeira e para non permitir a situación tan complexa que está a sufrir a sanidade pública e especialmente a Atención Primaria”.

CONTRATAR A MÁIS PROFESIONAIS

Esa situación complexa provoca, por exemplo, que o 20 por cento dos galegos e as galegas teñan que esperar máis de catro días –e en moitos casos ata 15- para acadar unha cita no médico de cabeceira, “o que non é de recibo para un país do sećulo XXI”.

Ademais, Gonzalo Caballero lembrou que “neste verán a Xunta pecha 600 camas en hospitais galegos, que existen máis listas de agarda para quirófanos e especialistas ou que o Colexio de Médicos de Pontevedra vén de denunciar a dirixentes da Consellería pola saturación existente en Atención Primaria”.

Por iso “é necesario que a Xunta poña os fondos necesarios para fortalecer a sanidade, para cubrir as vacacións e conseguir que o sistema sanitario poida seguir funcionando, ao tempo que moitos profesionais teñen que estar vacinando”.

Con ese obxectivo,  o mandatario socialista lembrou que o fondo anticovid do Goberno de España é “unha oportunidade para dar solución a esta situación tan preocupante” e para “fortalecer a Atención Primaria e para contratar máis profesionais”.

“NON PODEMOS SEGUIR RETROCEDENDO”

“Non podemos seguir retrocedendo”, alertou Caballero, ao tempo que reclamou  “un compromiso firme para acompañar aos profesionais e dar contratos estables”.

Nesta liña, remarcou que “é necesario sacar durante esta lexislatura 5 mil prazas estables para profesionais sanitarios para cubrir baixas ou xubilacións e impedir que sigan existindo listas de espera en Atención Primaria, o cal é un atentado contra os dereitos sanitarios dos galegos e as galegas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08