Categorías: Actualidade

Julio Torrado acusa á Xunta de non convocar para o 2023 máis de 100 prazas MIR a pesar da oferta histórica feita polo Ministerio de Sanidade

Julio Torrado denuncia que en Galicia non se garante o dereito “real e establede acceso á saúde mental no sistema público polas baixas ratios e os prolongados tempos de espera

O voceiro de sanidade do PSdeG, Julio Torrado, acusou hoxe ao executivo galego de non convocar para este 2023 máis de 100 prazas de residente para medicina, psicoloxía ou enfermaría, a pesar de dispoñer dunha oferta récord por parte do Ministerio de Sanidade.

O parlamentario socialista que leva os asuntos relativos á sanidade, denunciou que a Xunta deixou máis dun centenar de prazas de residente sen convocar, a pesar de dispoñer dun récord por quinto ano consecutivo de prazas ofertadas dende o Ministerio de Sanidade. Entre estas están os xa coñecidos MIR, pero tamén os residentes de psicoloxía (PIR), ou os de enfermaría (EIR).

Reprochou a actitude do goberno galego, declarando que “hai que ter moito rostro para dicir que o problema da sanidade é a falta de prazas MIR e logo non convocalas”, como recordou que fan o conselleiro Comesaña e o propio Alfonso Rueda.

Na propia atención primaria deixáronse sen convocar 29 prazas de enfermaría familiar e comunitaria, o que serían os enfermeiros e enfermeiras dos PACs, polo que Torrado conclúe que dende a Xunta pensarán que “non debe de ser relevante, non debe de haber problema” de falta de persoal de enfermaría nos centros de saúde galegos.

Tamén enumerou que deixaron sen convocar prazas en medicina comunitaria, saúde pública, pneumoloxía, un terzo das de cardioloxía ou un quinto das prazas das que dispoñían para anestesia, campos que tamén entende que a Xunta non encontra importantes. Torrado preguntou como pretenden dende a Xunta dar declaracións “cunha mínima dignidade” pedindo a posibilidade de ter máis profesionais se “cando as teñen nas mans non convocan as prazas”.

Remarcou que “isto é do que hai que falar en sanidade”, porque existindo esta posibilidade e o goberno galego non a aplica por “aforrar un pico de cartos que non compensa a falta duns profesionais sanitarios que precisamos”, seguirán aumentando os problemas do sistema público.

A preguntas dos xornalistas sobre o plan que presentou o presidente da Xunta para a contratación de persoal sanitario para paliar o colapso da atención primaria, Torrado ironizou que “ao señor Rueda gústalle moito presentar plans, estaría ben que presentara un plan para cumprir os plans”. Así mesmo, recordou que un plan de contratación excepcional para reducir as listas de espera foi proposto polos socialistas hai 7 ou 8 meses, votado en contra polo PP e tachado de “demagóxico e imposible”.

Por outra banda, o socialista pediu que se fagan públicas as listas de espera non estruturais, “aquelas das que non se informa e seguen ocultas nun caixón”, poñendo como exemplo a un usuario que recibe a resposta de “xa lle chamaremos e 7 meses despois dándolle unha cita para dentro dunha semana”, derivando en que a cifra oficial que figura é esa semana e non todos os meses dende que solicitou a atención sanitaria.

Para Torrado isto ten a consecuencia de que as listas de espera ofrezan datos “falaces”, moi inferiores á espera real dos pacientes. A pesar disto, o socialista destacou que eses datos que ofrece a Xunta seguen sen ser bos á hora de comparar con outras comunidades.

SEN DEREITO Á ATENCIÓN DE SAÚDE MENTAL

O parlamentario socialista denunciou hoxe a situación sanitaria respecto á saúde mental con motivo do Día Mundial da Loita Contra a Depresión, xa que Galicia destaca “tristemente” polos seus datos en consumo de psicofármacos e ser constantemente unha das comunidades autónomas con maior índice de suicidios.

O positivo aumento da concienciación respecto das enfermedes mentais ten unha dobre cara polas carencias do sistema sanitario, xa que o socialista critica que recibir atención no sistema público convértese nunha “quimera” por aspectos como os máis de 3 meses de espera ata para a primeira cita, o que leva a que os galegos e galegas pensen directamente en acudir ao sistema privado.

Galicia compite por ser a comunidade autónoma con peor ratio de profesionais ano tras ano”, alegou Torrado, que concluíu que a imposibilidade que ten a cidadanía de ser atendido por un psiquiatra ou un psicólogo do Sergas cando o precisa leva a que actualmente “non está garantida a atención á saúde mental no sistema público galego”.

Ante esta falta de profesionais, recordou que para o 2023 goberno de Galicia, “cun Rueda que pedíalle ao Reis Magos máis prazas MIR”, deixou sen convocar prazas de psiquiatría clínica e de enfermaría de saúde mental que tiña habilitadas por “vontade propia e decisión única da Xunta”, habendo a “maior oferta dispoñible da historia” por parte do Ministerio de Sanidade.

A Cámara Galega xa chegou a acordos, a proposta dos socialistas, para reforzar a saúde mental no sistema sanitario no 2021, buscando reforzar con 120 novas prazas para profesionais e equipararse coa media estatal cara o 2024. Denuncia que estes acordos parlamentarios foron incumpridos pola Xunta, a pesar do voto favorable do PP, incluído o propio Alfonso Rueda.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04