Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Juan Carlos Francisco sinala que os orzamentos da Consellería de Economía carecen de rumbo e estratexia e debilitan as posibilidades de recuperación tras a pandemia

O deputado do PSdeG denuncia que as políticas fiscais da Xunta só van beneficiar ás rendas máis altas e lamenta a falla dunha aposta decidida polo IGAPE

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, criticou hoxe a falla de rumbo, de estratexia e de instrumentos nos orzamentos para o vindeiro ano da Consellería de Economía. O deputado socialista advertiu de que esta situación lastra as posibilidades de recuperación tras a crise económica derivada da crise da covid.

Juan Carlos Francisco censurou que os orzamentos da Consellería de Economía para o vindeiro ano baixen en 100 millóns de euros, pasando dos 484 millón deste anos aos 385 previsto para 2022. Con estas cifras, desmontou a “propaganda” da Xunta que trata de vender un incremento da capacidade gasto dun 6,9 por cento en relación ao ano pasado. “O certo é”, sinalou Francisco, “que medra o gasto non financeiro nun 0,56 por cento, pero baixa o non consolidado”.

Con todo, Francisco explicou que, se as contas da Xunta teñen una compoñente expansiva, é grazas á “concepción progresista para saír da crise imposta polo conxunto das administracións europeas e do goberno central”. Nesta liña, subliñou que os orzamentos da Xunta se verán beneficiados das achegas extraordinarias do Estado ( 617 millóns de euros) e da Unión Europea (507 millóns), así como dos fondos tradicionais europeos -por máis de 800 millóns de euros- que se volven incorporar ás contas tras non seren executados.

É neste escenario no que o Partido Popular aplica una política económica “que se basea en orzamentar e non executar e non gastar” para, a partir de aí, aplicar unhas rebaixas fiscais que, lonxe de ser redistributivas, se dirixen ás rendas máis altas. Como exemplo, Juan Carlos Francisco apuntou que a rebaixa do IRPF vai beneficiar a aquelas persoas que gañan máis de 60.000 euros.

NON SERVEN PARA SOLVENTAR AS FENDAS DA ECONOMÍA GALEGA

Nun balance dos últimos anos, Juan Carlos Francisco lamentou ademais que os orzamentos da Consellería de Economía non estean a ter un impacto positivo na evolución do mercado laboral galego, que é “menos estable, máis precarizado, con menos igualdade e con menos taxa de ocupación e actividade que a media española”. Así, por exemplo, incidiu en que o ano pasado o paro de longa duración aumentou en 23.600 persoas.

Juan Carlos Francisco subliñou que as contas do goberno galego tampouco están a ser eficaces para a cohesión social e territorial -con 26 comarcas galegas en declive demográfico e “nun escenario desolador para lo futuro”- nin para fortalecemento da industria, onde no período que vai de 2008 a 2019 pasouse de 208.000 a 185.000 ocupados, “un 11,1 por cento menos fronte ao 3,9 por cento da media española”.

DEBILITAMENTO DO IGAPE

Neste escenario, Juan Carlos Francisco criticou que tamén baixen os orzamentos para o IGAPE, que precisamente debería ser “a ferramenta fundamental para impulsar a modernización e a dinamización da economía”. Non existe, polo tanto, “unha aposta decidida co obxectivo de potenciar un instrumento importantísimo para corrixir parte das fendas que existen no país”.

Como problema engadido, o deputado socialista remarcou que, ademais de baixar o orzamento para o IGAPE, o seu nivel de execución habitual é baixo. Foi o que sucedeu o ano pasado, no medio dunha enorme crise, cando non superou o 60 por cento.

Neste contexto, Juan Carlos Francisco avogou por darlle unha “unha volta decidida ao IGAPE” porque “baixando o orzamento non imos mellorar a competitividade e a modernización das nosas empresas nin apoiar a liquidez daquelas que o necesitan”.

Á COLA EN I+D

Finalmente, con respecto a I+D, o deputado socialista alertou de que “hoxe Galicia está por debaixo do investimento que había en 2008” e que a media galega está “moi lonxe da española e da europea”. Así, indicou que co actual nivel de investimento en I+D, “serían necesarios 19 anos” para chegar á media española.

A maiores, remarcou que Galicia está á cola no impacto do I+D nas empresas, pero que sen embargo se sitúa  no tramo máis alto no ámbito da universidade . Isto significa que o esforzo investigador e innovador non ten o seu reflexo despois no eido empresarial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18