Categorías: ActualidadeParlamento de GaliciaPortadaSecretaría Xeral

G. Caballero pide unha fronte común para manter o emprego de Alcoa na Mariña: “Hai que seguir facendo unha gran presión para que se venda a planta e haxa un inversor que lle dea viabilidade”

O voceiro parlamentario do PSdeG ve unha boa nova a decisión do Supremo de declarar nulo o ERE levado a cabo pola empresa, pero lembra que “hai que seguir traballando e non podemos baixar a garda”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu hoxe unha gran fronte común entre todas as administracións, partidos políticos e sindicatos para conseguir manter a actividade e o emprego na planta de Alcoa en San Cibrao.

Gonzalo Caballero fixo este chamamento despois de que se coñecese que o Tribunal Supremo vén de declarar nulo o ERE que a empresa levou a cabo na factoría da Mariña. “É una boa nova”, sinalou Caballero, “pero hai que seguir traballando e non podemos baixar a garda”.

“Os e as socialistas”, reiterou o voceiro do PSdeG na Cámara, “temos un claro compromiso con que a planta que Alcoa en San Cibrao manteña a súa viabilidade e o seu futuro”.

Por iso, incidiu Gonzalo Caballero, “ao igual que impulsamos, apoiamos e respaldamos a presentación das medidas pola vía xudicial que agora permiten que exista esta sentenza, cremos que agora hai que seguir facendo una gran presión entre todas as institucións para conseguir que exista un inversor que poida facerse coas instalacións”.

Nesa liña, Gonzalo Caballero avogou por que se implique a SEPI e todos os organismos públicos que sexa necesario, porque existen propostas “que teñen un proxecto industrial con viabilidade e que queren manter o emprego e o futuro da planta”. Porque “en San Cibrao”, proclamou, “hai unha planta que ten viabilidade polo seu persoal, pola súa capacidade técnica e polas súas infraestruturas”.

“Alcoa”, indicou Caballero, “quería facer un peche pola porta de atrás, os tribunais acaban de impedilo e agora hai que seguir facendo presión para que se venda esa instalación a un inversor que lle dea viabilidade e manteña os postos de traballo na Mariña de Lugo”. “Esa é a prioridade de todas e todos”, zanxou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04