Categorías: Actualidade

Isaura Abelairas denuncia o veto da Xunta á reubicación da Escola Infantil Santa Marta no CEIP Ramón y Cajal ‘Picacho’ de Vigo

A deputada viguesa lamenta a posición do goberno galego cando o ‘Picacho’ dispón de “6 aulas baleiras” e cuxas instalacións son propiedade municipal

Isaura Abelairas vén de denunciar o veto da Xunta á reubicación da Escola Infantil Municipal Santa Marta de Vigo nos espazos dispoñibles no CEIP Ramón y Cajal ‘Picacho’, situado na mesma zona escolar. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta ao conselleiro de Educación.

A deputada viguesa criticou que a Xunta se opoña a proposta do Concello de Vigo de empregar unha parte do ‘Picacho’ para este fin, cando se constatou que este centro dispón de “6 aulas baleiras”, xa que escolariza só a 114 alumnas e alumnos, malia ter capacidade para 235.

Así, a responsable socialista lembrou que a administración municipal manifestou o seu “compromiso” coa Consellería de Educación de facer as obras que permitan unha entrada independente, o acondicionamento das aulas e patio exterior, así como buscar formas posibles para a utilización do comedor escolar, de xeito que a reubicación da escola infantil a este centro “non mingüe a calidade educativa do alumnado de Infantil e Primaria do Picacho”.

Neste senso, a socialista instou ao goberno galego a “aproveitar os espazos públicos dispoñibles” para reubicar unha escola infantil que conta con 42 nenas e nenos matriculados e tendo en conta a proximidade do CEIP Ramón y Cajal coa escola infantil, ambas situadas no Barrio do Cura.

Finalmente, a socialista acusou á Xunta de manifestar a súa negativa á reubicación da escola infantil antes de dispor de informes técnicos que avalasen a súa decisión e obrigando ao Concello de Vigo a trasladar a Escola Infantil Municipal Santa Marta ao edificio onde se atopa o Instituto Municipal de Educación (IME), no Chouzo, por ser a única alternativa á proposta inicial.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00