Categorías: Actualidade

Insuficiente impulso ao emprego para persoas con discapacidade por parte da Xunta

A portavoz de Política Social e Emprego do Grupo Socialista, Noela Blanco, advertiu hoxe no Parlamento que as restricións orzamentarias se teñen traducido na “insuficiencia de medidas de fomento do emprego” dirixido ás persoas con discapacidade, especialmente nos casos de discapacidade intelectual.

Así o dixo no debate dunha interpelación ao goberno galego na que reclamou a incorporación dunha cláusula xeral social nos contratos públicos e advertiu do incumprimento do fomento da inserción laboral destas persoas por parte dos servizos públicos de emprego. Reclamou ademais o reforzo do papel da Inspección de Traballo da Xunta, responsable do control e aseguramento da reserva de postos no sector privado.

Sinalou que hoxe as empresas de máis de 50 traballadores incumpren na súa maior parte a obriga de reservar un 2 por cento dos postos para persoas con discapacidade, que padecen un “plus de discriminación” polos “importantes obstáculos para acceder a un traballo nun contorno ordinario”.

Ademais, apuntou ao “paso moi lento” á hora de incorporar a estas persoas ao sector público a través das ofertas de emprego convocadas pola administración, e reclamou que se cumpra co compromiso de realizar unha quenda de convocatoria independente de prazas reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

Advertiu neste sentido que a elevada precariedade do traballo público tamén prexudica a estas persoas, xa que a interinidade “non se inclúe nas OEP e os postos non se contabilizan para establecer cantidades”. Propuxo así “modificar os criterios para a elaboración e xestión das listas de interinidade e substitución para aplicar criterios semellantes aos das OEP para a súa promoción laboral”.

Vergoñento

A responsable socialista cualificou de “vergoñentas” as conclusións do informe do INE sobre o emprego das persoas con discapacidade en Galicia, onde teñen a taxa de actividade máis baixa de todas as comunidades autónomas. Así, a taxa ascende apenas a un 27,8 por cento, cun 21 por cento menos de activos que a media estatal.

De acordo co Observatorio do mercado de traballo da Fundación Once, e atendendo ao nivel de estudos da poboación con discapacidade en Galicia, só o 11,6 por cento acadou formación superior, 3,7 puntos por debaixo da media estatal e máis de 23 puntos por debaixo da poboación sen discapacidade. O seu salario medio bruto anual é, no caso deste colectivo, 3.542 euros menor que os das persoas sen discapacidade.

Criticou ademais os “retallos” nas axudas do goberno galego a Down Galicia, aos que deixou sen 176.000 euros que “van supoñer que se teña que prescindir de 10 profesionais que viñan desempregando servizos de inserción laboral ou inclusión escolar, e reducindo á metade a atención prestada por esta entidade, pasando de dous a un día á semana.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08