Categorías: Actualidade

O PP négase a explicar e consensuar o peche de centros educativos

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposta socialista para reclamarlle á Xunta que explique os criterios para modificar a rede de centros educativos e consensuar coas comunidades educativas o peche de centros. Esta proposta incluía ademais establecer a discriminación positiva dos centros do rural.

Lembrou o peche, a finais do curso pasado, de catro centros de Outes, As Pontes, Ribadavia e Porriño, feito público despois de que remataran as clases co argumento, ironizou, “dunha estrema sensibilidade e para non afectar ao rendemento escolar no final de curso”. Advertiu que resulta “esperable que se se repiten aqueles feitos, nos atopemos con importantes modificacións que serán anunciadas nos últimos días do curso”.

O responsable socialista criticou a xestión por parte do goberno galego e do PP daquela decisión, cuestionando as protestas e derivando a unha “discusión semántica” para agochar o peche detrás dunha “desagregación, desdobramento, transformación, integración ou cambio de ensinanzas”.

Lamentou que esqueceran o “pifostio” que “organizaron os seus alcaldes co traslado transitorio de ensinanzas secundarias aos colexios” que rematou co “reinicio das clases en setembro con total normalidade”. Criticou tamén que o PP lembre o peche de 43 centros no goberno socialista do rural cando “tratábase de escolas unitarias sen alumnos” e os compare co peche “dun colexio enteiro”.

Luis Álvarez propuxo que a Xunta lle explique ao Parlamento os criterios para as eventuais modificacións na rede de centros, que adiante a publicación das ordes coas modificacións precisas e que as consensúen coas comunidades educativas afectadas.

Criticou que “non queiran facer da educación un asunto de país e segan dicindo que esta será a Lexislatura do Rural” mentres rexeitan propostas socialistas que reivindican unha “discriminación positiva nos centros de contornos rurais de xeito que se reverta a tendencia á perda de oferta educativa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Rueda actuou coma o eco de Feijoo e deixa a Galicia sen a voz que merece”

O secretario xeral do socialistas galegos ve incomprensible que o presidente da Xunta se negase…

20/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro sinala que o últime informe da Valedora demostra que a xestión do PP na Xunta “está a debilitar o Estado do Benestar”

Alerta do aluvión de queixas pola xestión da sanidade, a educación ou a atención social…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a política fiscal “desenfocada” da Xunta provocou a perda de 300 millóns de euros de recadación en 2023 que lle perdoaron fundamentalmente á grandes fortunas

Patricia Iglesias critica o “ilusionismo fiscal” do goberno galego, que presume de baixar impostos aos…

20/09/2024
  • Actualidade

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta que cubra a praza de médico en Lobios que está vacante dende hai un ano

Carmen R. Dacosta alerta das consecuencias dos recortes de Feijóo e Rueda e reivindica “un…

19/09/2024
  • Actualidade

Paloma Castro urxe á Xunta a poñer en marcha os centros de Crise 24H para garantir a atención ás vítimas de violencia sexual

Alerta de que Galicia pode perder 5,8 millóns de euros de fondos se a Xunta…

19/09/2024
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica un PSdeG con raíces galeguistas, “que xa é a verdadeira referencia da esquerda para o 50 % da poboación”

Impulsará para recuperar a Xunta o modelo de proximidade das alcaldías socialistas fronte a un…

19/09/2024