Categorías: Actualidade

Iniciativa aprobada para pedirlle á Xunta que tome medidas fronte ao brexit

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe unha proposta socialista na que lle reclama á Xunta a súa posición e medidas previstas para paliar os efectos do brexit sobre Galicia. O responsable de Política Institucional, Juan Díaz Villoslada, explicou que a perda das 9 fragatas da armada australiana ás que optaba Navantia demostra as consecuencias do proceso.

O responsable socialista explicou que a decisión de Australia de escoller á británica BAE Systems apunta a prever o tratado comercial que prepara o Reino Unido con aquel país para cando se teña materializado a súa saída da UE. Deste xeito, Navantia perde un contrato de 23.000 millóns de euros a favor dun conglomerado empresarial británico que anticipa o “grave impacto para Galicia” do proceso.

A iniciativa aprobada hoxe reclámalle á Xunta que explique o seu posicionamento diante dos eidos prioritarios que fixa o documento de Análise do impacto do Brexit en Galicia, remitido ao Parlamento a finais do pasado ano e que fixa “deberes” para o goberno galego. Aquel documento sinala como cuestións principais os dereitos cidadáns, a relación fronteiriza con Irlanda do Norte e a factura financeira.

Tamén “pon o acento” no feito de que o Reino Unido sexa o terceiro destino das exportacións de Galicia, despois de Francia e Portugal, sinaladamente na produción de automoción e bens de equipo, adiantando as graves consecuencias da súa saída da UE para unha economía como a galega, dependente en boa medida das exportacións.

Díaz Villoslada sinala o impacto nos sectores agrícola e pesqueiro, que verán como a saída da economía británica reducirá un 5 por cento os fondos da PAC e un 7 por cento os fondos de cohesións, ademais da repercusión para as empresas pesqueiras que operan a través do Reino Unido.

Lembrou ademais que o Reino Unido é un dos que máis fondos recibe para o I+D, acollendo a moitos investigadores que se verán obrigados a “buscar unha alternativa noutros países comunitarios que aseguren estes fondos”. Reclamou que o novo goberno intensifique o investimento en I+D sobre o PIB.

Instou á Xunta a seguir o exemplo de Pedro Sánchez, que ten presentado diante do Congreso a posición de España na UE garantindo que España “volva estar presente” no eixo comunitario, logo da clamorosa ausencia de Rajoy. Reclamoulle ao goberno galego que “materialice estas cuestións en documentos e informacións que veñan a esta Cámara” para poder anticipar as consecuencias reais do Brexit para Galicia.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar para o seu debate na Cámara, antes do fin de 2018, o posicionamento da Xunta de Galicia nos eidos identificados como prioritarios no seu documento de Análise do impacto do Brexit en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04