Categorías: Actualidade

Ineficiencia, improvisación, desprezo polo diálogo e moita propaganda na política educativa da Xunta

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe a “ineficiencia, improvisación, desprezo polo diálogo e moita propaganda” na xestión do ensino público por parte da Xunta. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación para dar conta no Parlamento na situación do ensino non universitario, que Álvarez cualificou de “peche por inventario coincidindo co remate do curso”.

O responsable socialista criticou os recortes do goberno galego, cunha diferenza de orzamento de 3.616 millóns de euros con relación a 2009 contando coa inflación acumulada “mentres aumentan as horas de docencia”. Esta situación provoca o deterioro do sistema e o empeoramento da condicións de traballo, ao que os profesores responden acolléndose á xubilación anticipada como mostra do seu “alto grao de insatisfacción”.

Álvarez criticou en primeiro lugar o “alto grao de ineficiencia” demostrada polo goberno galego na xestión do ensino público, sinaladamente pola “tendencia preocupante para deixar todos os procesos de innovación educativa e experimentos para última hora”. Advertiu do nulo marxe que lle deixan aos claustros para implantar os programas elaborados dende a Xunta para a xestión ordinaria dos centros.

Advertiu que “non é un motivo de orgullo” que Educación pasara a ser o departamento da Xunta que máis queixas suscita diante da Valedora do Pobo, cun 20,4 por cento do total de acordo co último informe, que o sitúa por enriba da Sanidade, tradicionalmente o departamento con máis peticións.

Lamentou o grao de “improvisación” demostrado polo goberno galego, e puxo como exemplo a posta en marcha do Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, dirixido a fortalecer a formación dos estudantes pero que será impartido fora do horario escolar. Esta particularidade fai que os estudantes que dependan de transporte escolar queden fóra do programa de Bacharelato de Excelencia.

Lembrou tamén o “lamentable episodio” dos estudantes que, por mor dun “desencontro” entre a Consellería e o Ministerio de Educación, non souberon ata o último momento se tiñan que avaliarse “en algo tan banal –ironizou- como eran as probas de acceso á Universidade.

Luis Álvarez censurou o “desprezo polo diálogo” demostrado polo PP e o goberno galego, que sistematicamente rexeitan tódalas iniciativas parlamentarias da oposición, e sinalou ao voto en contra da proposición non de Lei na que os socialistas solicitaban información sobre a implementación do 1º Plan de Igualdade nos Centros Educativos.

Criticou que “calquera discrepancia co goberno sexa considerada como un intento de perturbar o normal funcionamento do goberno” mentres, apuntou, se teñen revelado como “auténticos fenómenos da propaganda” sistemática e continua.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08