Categorías: Actualidade

Inaceptable que o PP compare ás mulleres do goberno central con “floreros”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, denunciou hoxe a “actitude consentidora” do PP, que non entende a necesaria “desculpa da súa portavoz na Comisión de Igualdade unha rectificación por ter comparado onte ás mulleres do goberno central con floreros”.

Así o dixo logo que no debate dunha pregunta oral sobre trata de mulleres, na Comisión de Política Social de onte, a representante do PP sinalar que “non queremos gobernos – florero, non queremos mulleres que non fagan o que teñen que facer”. Pierres lamentou que as declaracións de onte “evidencian que o PP nin cre nin entende a loita pola igualdade de homes e mulleres”.

A responsable socialista explícalle ao PP que “o trato despectivo a un goberno, tildándoo de florero e sinalando explicitamente á maioría de mulleres supón no mellor dos casos unha torpeza e no peor un insulto inadmisible para tódalas mulleres que levan e levamos décadas loitamos pola igualdade”.

Amosou a súa “preocupación por que a aplicación de políticas de Igualdade estea nas mans de quen menos cre nela e de quen menos a practica”, e lembrou neste sentido que o Goberno galego ten que incrementar de forma substancial os orzamentos das políticas de Igualdade. Sinalou que “sen cartos non é posible poñer en marcha novas medidas ou accións, e non o pedimos nós, é unha demanda de urxencia das mulleres e de toda a xente implicada coa igualdade”.

Pierres advertiu que dende a folga das mulleres do pasado 8 de marzo, que foi cualificada de machista polos responsables do PP, non teñen tomado “ningunha medida significativa neste sentido, máis alá dun Plan de Conciliación e Corresponsabilidade que non é máis que un refundido das medidas xa postas en marcha.

Preguntou ademais “onde está Plan de Igualdade da propia administración autonómica”, xa que, remachou, “se un non fai os deberes na propia casa dificilmente se pode confiar en que asuma con eficacia as súas responsabilidades fora dela”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41