Categorías: Actualidade

Grave desleixo na aplicación das políticas de promoción de emprego da Xunta

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou hoxe o “desleixo” na execución das políticas de promoción de emprego da Xunta. No debate de dúas preguntas na Comisión de Economía, advertiu que o goberno galego deixou sen executar 375 millóns de euros destas partidas dende 2015, 133 só en 2017.

Rodríguez Rumbo reclamou unha “proposta seria de emprego de calidade” que permita fixar poboación, mentres o goberno galego deixa sen gastar a metade das partidas que orzamenta porque “non entenden o que é un problema fundamental para tódolos galegos e galegas”.

Puntualizou que “a xente vaise, Galicia é un país despoboado e avellentado porque o emprego que ofrece non é bo, e ese é o único dato que pode reverter a tendencia” á perda de poboación.

Criticou os resultados “moi malos” de execución orzamentaria do goberno galego, que tan só executou un 56,2 por cento do programa de fomento da empregabilidade, un 60,3 por cento do Fomento de emprego, emprego autónomo e mercado de traballo, ou un 49 por cento das partidas para formación profesional de desempregados.

Sinalou ademais o caso “gravísimo” do programa destinado á mellora da cualificación do emprego, cunha execución de apenas o 7,3 por cento. Rodríguez Rumbo advertiu así do fracaso das políticas de impulso do emprego do goberno galego, que provocou a caída de 50.100 ocupados entre 2010 e 2018, cunha taxa de paro do 15,1 por cento e con 68.900 fogares con tódolos membros en paro e 34.300 que carecen de ingresos.

Retorno

A responsable socialista presentou tamén unha pregunta oral sobre o programa Retorna 2020 para reclamarlle ao goberno galego medidas eficaces para garantir o retorno da poboación galega residente no exterior. Explicou que “o emprego é o que da dignidade e permite desenvolver o proxecto vital, polo que se non hai emprego de calidade o retorno será para facerse máis pobre ou para que teñan que volver de novo aos seus países de acollida”.

Rodríguez Rumbo sinalou a importancia de impulsar o retorno desta poboación para un país como Galicia, que ten perdido 95.000 habitantes entre 2009 e 2018, 7.000 delas só no último ano. Ademais, Galicia perdeu 207.000 habitantes de entre 20 e 39 anos entre 2009 e 2018, que pasan a supor o 21,83 por cento da poboación, mentres os maiores de 65 son xa o 24 por cento do total de galegos e galegas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57