Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero volve ofrecer “integración e unidade” á vez que se amosa “preparado” para as primarias: “Este é o partido da militancia”

O secretario xeral do PSdeG proclama que “é a militancia, e non baronías nin virreinatos, a que decide o futuro do partido co seu voto en urna”

O líder socialista traslada os seus parabéns ao conxunto da militancia ourensana, á delegación de delegados ao congreso federal e a Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, como cabeza máis votado

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu realizar hoxe un chamamento “á integración, á unidade e á lealdade” porque “é o que mais lle convén ao partido para seguir avanzando” e porque “xuntos somos imparables”.

Durante unha visita ao concello do Carballiño en compañía do alcalde, Francisco Fumega, o líder socialista incidiu en que “esa é a mellor receita” para “abordar os retos de futuro” e “fortalecer un PSdeG que sexa útil a Galicia cun proxecto galeguista, feminista, ecoloxista e de esquerdas fronte ao PP e tamén fronte ao nacionalismo”.

Tras subliñar que “a militancia nos pide esa integración e esa unidade”, Gonzalo Caballero sinalou que “a miña decisión é traballar en clave de proxecto colectivo por enriba de calquera interese individual”. Ao mesmo tempo, recordou que “o que a xente nos reclama é que non esteamos mirando para nós, senón para os problemas que teñen os galegos e as galegas”.

Precisamente, co obxectivo de dar resposta ás demandas da cidadadanía, Gonzalo Caballero subliñou que a integración, a unidade e a lealdade daranlle “máis forza” ao PSdeG para volver estar “en condicións de acadar resultados históricos en 2023”, como no ano 2019, “cando conseguimos os mellores resultados da historia nunhas eleccións municipais e xerais en Galicia”.

“O FUTURO DO PSOE DECÍDENO OS MILITANTES”

Ao mesmo tempo, o líder socialista lembrou que o futuro do PSOE “decídeno os militantes, e non as baronías, as alcaldías ou os virreinatos”. “Este”, sinalou, “é o partido da militancia, e é a militancia a que decide en urna quen ten a capacidade de facer una cousa ou outra dentro do partido”.

“En primarias”, destacou Gonzalo Caballero, “o voto de calquera alcalde, secretario xeral, deputado ou senador vale o mesmo que o dun militante dun pequeno concello que leva traballando 40 anos sen ter nunca un cargo público”. Esa é “a grandeza da nosa democracia, e esa grandeza vainos permitir ter máis forza e máis capacidade”, engadiu.

Nesta liña, Gonzalo Caballero remarcou que “corresponde á militancia decidir se quere seguir avanzando nun proxecto galeguista, ecoloxista, feminista e de esquerdas ou se quere retroceder optando por vías distintas ás que nos teñen permitido avanzar nos últimos catro anos”. “É tempo”, afirmou, “de que a militancia  decida o futuro” e, nese propósito, reiterou que “a integración e a unidade daranos máis forza e máis capacidade”.

Ao fío disto, o secretario xeral do PSdeG recordou que “hai catro anos eu presenteime a unhas primarias nas que todos os altos cargos do partido e baronías estaban en fronte, e gañei nas catro provincias cunha maioría sólida para darlle futuro a este partido”.

Foron -recordou- catro anos dedicados “con intensidade” ao PSdeG, un partido que “avanzou en todos os procesos nos que tivemos convocatorias electorais e do que todo o mundo recoñece que está máis forte”. Por iso, Gonzalo Caballero volveu “pedirlle á militancia do PSdeG o seu apoio, o seu respaldo e o seu compromiso”.

ALCALDÍAS SOCIALISTAS DE REFERENCIA EN OURENSE

Por outra banda, o secretario xeral do PSdeG puxo de exemplo o proceso levado adiante para a elección dos delegados ao Congreso Federal na provincia de Ourense, “onde amosamos como soubemos facer ben as cousas e onde os militantes optaron polo que quixeron”.

Neste contexto, Gonzalo Caballero trasladou os seus parabéns ao conxunto da militancia e aos oito delegados e delegadas, que estarán encabezados polo alcalde do Carballiño Francisco Fumega.

Tomando como exemplo a xestión municipal que está a realizar Fumega, o secretario xeral do PSdeG subliñou que “os alcaldes e alcaldesas de referencia na provincia de Ourense  son todos socialistas”. Así, “cando queremos ver o éxito das políticas municipais con proxectos de capacidade e impulso para os concellos temos que mirar para Verín, Xinzo, O Barco, Ribadavia, Amoeiro, Entrimo, Castro Caldelas, Barbadás, Trives… e, por suposto, para O Carballiño”.

Así, fronte á capacidade socialista para “ofrecer as mellores políticas públicas”, o PP “só pode mirar para Jácome”.  “Ese é”, concluíu Gonzalo Caballero, “o exemplo de Feijóo para as políticas municipais e, dende logo, o exemplo da mala xestión, da ineficacia e do fracaso estrepitoso da política municipal”.

VISITA AO CARBALLIÑO

Pola súa banda, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, agradeceu a visita do secretario xeral, “sempre” en contacto coa súa vila.

“Sempre traballando polo Carballiño e por Galicia, a ver se entre todos conseguimos darlle unha volta a isto”, subliñou Fumega en presencia dos deputados Marina Ortega e Juan Carlos Francisco, os concelleiros e concelleiras do goberno local e outros membros do partido.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08