Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo urxe á Xunta a acometer o debate sobre o financiamento local: “En 12 anos de goberno Feijóo houbo cero euros de incremento do Fondo de Cooperación Local”

Censura a falla de transparencia da Xunta polo “reparto caciquil” e os convenios de colaboración “sen concorrencia que se reparten segundo a urxencia que decida o goberno galego”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez rumbo, urxiu hoxe á Xunta a acometer o debate sobre o financiamento local. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei que será votada mañá pola Cámara galega.

“É o momento de mudar as formas que ten o goberno galego, encabezado por Feijóo, para relacionarse cos concellos”, sentenciou a responsable socialista logo de sinalar que foi o goberno socialista de Emilio Pérez Touriño quen asinou en xaneiro de 2006 o I Pacto Local Gallego “para recoller as demandas da Fegamp”.

Este, incidiu, supuxo, “o incremento da participación dos concellos nos ingresos da Xunta”. De feito, destacou, “en tres anos de goberno incrementouse en 28 millóns de euros ata chegar case ata os 113 millóns de euros”. Ademais, o documento estableceu “por primeira vez” que o mantemento dos centros de educación infantil e primaria, dos centros de saúde e dos xulgados de paz correrían a cargo do goberno galego.

Fronte a isto, denunciou a socialista, “nos 12 anos de goberno Feijóo houbo cero euros de incremento no Fondo de Cooperación Local” e mesmo os acordos acadados hai máis dunha década polo goberno progresista de Touriño “aínda non foron desenvolvidos na súa totalidade”.

OS CONCELLOS “TIVERON QUE ATENDER NOVAS NECESIDADES XURDIDAS DA COVID”

A súa vez, durante esta pandemia, os concellos galegos tiveron que atender “novas necesidades xurdidas da xestión da covid”, o que supuxo que incrementasen exponencialmente os seus cometidos para evitar a propagación do virus, pero “sen que a Xunta lles transferise ni un só euro cando a comunidade autónoma ten recibido do goberno de España máis de 2.000 millóns de euros para facer fronte a crise sanitaria”.

“Os concellos galegos puxeron por riba o benestar da súa cidadanía e atender as súas necesidades sen ter en conta de quen era a competencia, aínda que os seus recursos fosen sempre escasos”, reivindicou Rodríguez Rumbo.

Pola contra e malia esta circunstancia, censurou a voceira socialista, durante estes 12 anos de goberno Feijóo “medraron os convenios de colaboración que se reparten segundo as necesidades e urxencia que decida o goberno galego” que “benefician maioritariamente a aqueles concellos que teñen un goberno do PP”.

Ademais, lamentou, “medrou o reparto caciquil que non está baseado nunha planificación para paliar os desequilibrios territoriais existentes nos concellos”. De feito, incidiu, “só neste exercicio de 2021” en subvencións en concorrencia non competitiva se distribuíron case 4 millóns de euros sen ter en conta “os principios de transparencia e bo goberno que promulga a lei”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08