Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero ve “surrealistas” as reclamacións de Feijóo ao goberno central, porque cando foi “o cómplice perfecto” do incumprimento de Rajoy con Galicia

O secretario xeral sinala ao presidente que a votación de mañá sobre o futuro da valedora é a ocasión “óptima” para que amose “se lle importa a limpeza e a exemplaridade”

Pontevedra, 9 de xullo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns un encontro coa nova subdelegada do goberno en Pontevedra, Maica Larriba, para abordar “a nova etapa” que se abre con Pedro Sánchez na Moncloa. O seu goberno, dixo, “está devolvendo a esperanza e a ilusión na política a milleiros de cidadáns”.

E, dado que o ascenso ao goberno de Pedro Sánchez se ten producido hai apenas “cinco semanas”, Gonzalo Caballero amosou a súa “incredulidade” ao ver agora ao PP “reclamar todo o que non fixo e sobre o que Feijóo calou cando non se cumprían os compromisos con Galicia”.

Nese senso, o máximo dirixente do PSdeG subliñou que “Feijóo foi o perfecto cómplice de Rajoy cando deixou de gastar en Galicia 2.000 millóns que estaban orzamentados”; na “inauguración fraudulenta da ponte de Rande”, que aínda onte rexistraba “retencións quilométricas” mentres se manteñen varios carrís pechados ao tráfico; ou no “novo engano” relativo á retirada da peaxe de Redondela.

“O PP e Feijóo enganaron a Galicia, e cremos que é surrealista que quen foi cómplice desas fraudes intente reclamar agora”, sentenciou Gonzalo Caballero, quen atribuíu estas intervencións de Feijóo a que “ten perdido o rumbo” despois do seu intento de desembarcar en Madrid e de “errar” no candidato que apoiou nas primarias do PP.

Pola súa banda, o secretario xeral dos socialistas galegos sostivo que “non hai unha soa decisión” tomada polo novo goberno “que poida atrasar ni un só segundo a chegada do AVE a Galicia”. Tanto é así, proseguiu, que o ministro de Fomento xa trasladou a ADIF, dirixido por unha galega, que “todo o previsto se faga con celeridade”. “Nos dedicaremos a facer ben o que Rajoy e Feijóo fixeron mal”, concluíu.

“EXEMPLARIDADE”

E, tras soster que o novo goberno “é crible nos seus compromisos”, tamén puxo o foco en que se distingue do anterior na súa aposta pola “dignidade e exemplaridade na acción pública”.

Ao fío disto, o líder do PSdeG sinalou a Feijóo que ten na votación que mañá terá lugar no Parlamento sobre a continuidade da valedora unha ocasión “óptima para amosar o seu compromiso coa limpeza e o seu respecto ás decisións xudiciais”.

“O PP non foi capaz de recoñecer a importancia da Gürtel e, agora, se se quere rexenerar, ten que empezar a tomar medidas claras de loita contra a corrupción e a prol da exemplaridade”, recalcou Gonzalo Caballero.

“COLABORACIÓN”

En canto á visita a Pontevedra do secretario xeral, a nova subdelegada do goberno, Maica Larriba, agradeceu ante os medios “a visita dun compañeiro e amigo” con quen “vai continuar a colaboración” xa existente entre ambos.

“Colaboración nesta nova andaina que iniciamos entre todos, para facer chegar a todas as provincias os obxectivos e os compromisos do goberno de Pedro Sánchez”, subliñou Larriba.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18