Categorías: ActualidadeActualidade do partido

Gonzalo Caballero lamenta que o PP “non entenda a importancia da exemplaridade” e esixe garantir a limpeza no Valedor

O secretario xeral do PSdeG ve a Feijóo “desnortado”, tamén nas primarias do PP, e recórdalle que “a incapacidade de asumir responsabilidades” foi o que puxo fin ao goberno de Rajoy

Santiago, 6 de xullo de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, abordou este venres a sentenza de “máxima gravidade” que pesa sobre a titular da oficina do Valedor do Pobo, Milagros Otero, por “desviación de poder” no nomeamento da irmá do voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy. “Nos dá a impresión de que o PP non entendeu a importancia da exemplaridade nas institucións públicas”, lamentou.

En rolda de prensa, o líder dos socialistas galegos incidiu en que os termos nos que se expresou a Xustiza nese fallo “empanan o funcionamento” do Valedor do Pobo e amosou a súa preocupación pola negativa a dimitir que verbalizou Milagros Otero na súa comparecencia no Parlamento.

“O PP e Feijóo teñen que entender que a cidadanía esixe un nivel de exemplaridade pública que non se cumpre cunha sentencia xudicial sobre o nomeamento feito pola valedora”, recalcou Gonzalo Caballero, quen urxiu ao presidente a “tomar todas as medidas necesarias para garantir o bo funcionamento” da institución e “limpar toda dúbida sobre os seus procesos” de contratación.

Iso é, profundou o secretario xeral do PSdeG, o que está “en xogo” nunha institución que “ten que ser o paradigma da defensa dos intereses dos galegos”, e polo que Feijóo “ten que asumir” a importancia de manter un “nivel de dignidade e exemplaridade” en todos os cargos públicos.

Sobre todo, como dixo, nun momento no que o PP está abordando “un cambio” a nivel estatal. “Se a etapa anterior finalizou pola incapacidade de asumir responsabilidades, esta non comeza con bo pé se non asumen a loita contra os comportamentos inadecuados”, advertiu Gonzalo Caballero, en alusión a que foi a incapacidade de asumir a sentenza da Gürtel o que puxo fin ao goberno de Mariano Rajoy.

FEIJÓO, “DESNORTADO”

Ao fío diso, o líder do PSdeG xulgou que Feijóo está “un pouco desnortado” na súa liña de acción política, tamén á vista de que apoiou “unha determinada liña que non conseguiu triunfar nas primarias do PP”. En contraposición, evidenciou que Baltar si “acertou” coa vontade maioritaria da militancia do seu partido.

Máis aló disto, o que desexou Gonzalo Caballero ao PP no seu proceso interno é que quen saia elixido “poida asumir o nivel de exemplaridade e loita contra a corrupción que demanda a sociedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41