Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero ve a Feijóo “en pánico” tralos “suspensos electorais” deste ano: “Só Feijóo e Vox queren terceiras eleccións”

O secretario xeral recorda que “a maioría dos galegos votaron dúas veces polas forzas progresistas” e lamenta que Feijóo “xoga a ser un axente desestabilizador”

Santiago, 30 de decembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, amosou hoxe a súa “perplexidade” polo feito de que Feijóo estea “facendo o xogo” á ultradereita no súa estratexia de “boicot” á formación do goberno en España. “Só Feijóo e Vox queren terceiras eleccións”, evidenciou.

Tralas declaracións de Feijóo avogando por unha nova repetición dos comicios, o líder dos socialistas galegos sinalou que “a súa irresponsabilidade é inadmisible”; unha cuestión que atribuíu ao seu “pánico electoral” ante as eleccións autonómicas. “Recibiu tres suspensos electorais evidentes este ano e agora ten pánico a 2020”, recalcou.

Só así se explica, proseguiu Gonzalo Caballero, a falla de “rumbo, orientación e sentido político” que amosa Feijóo con esas declaracións. “Fala de centralidade política, pero xoga a ser un axente desestabilizador do sistema”, reprobou.

Sobre todo, como dixo o máximo dirixente do PSdeG, porque “a maioría dos galegos, e dos españois, votou dúas veces polas forzas progresistas”, co que rexeitou o interese de Feijóo en que “Vox poida gobernar España co PP”. “Non representa a vontade da maioría dos galegos”, subliñou.

Fronte a isto, Gonzalo Caballero apelou a que se constitúa o goberno “para seguir avanzando” . “En Galicia convén que haxa un goberno progresista, fronte a unhas dereitas e unha ultradereita que pon en risco o estado do benestar e o estado autonómico”, remachou.

“FACHERÍO NACIONAL”

De feito, o tamén voceiro parlamentario do PSdeG lamentou que a alternativa ao goberno progresista liderado por Pedro Sánchez sexan “unhas dereitas botadas ao monte e unha extrema dereita que arrepía”.

“E preocúpanos o que fai Feijóo: a súa opción é repetir as eleccións para que goberne o facherío nacional. Non representa á maioría dos galegos”, finalizou o candidato socialista á Presidencia da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18