Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero traslada ao comité de empresa de Alcoa “o compromiso socialista co mantemento da actividade industrial e o emprego” fronte á “inacción de Feijóo”

O secretario xeral esixe a Feijóo que “faga rectificar” as declaracións “irresponsables” do delegado da Xunta en Lugo ou que “sexa cesado inmediatamente”

Cervo, 9 de setembro. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo este luns unha nova xuntanza co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao para trasladarlle “o compromiso claro de todos os socialistas co mantemento da actividade industrial e o emprego”.

“Hai que fortalecer o sector industrial para que non siga perdendo peso na economía galega”, sinalou Gonzalo Caballero, ao tempo que contrastou “o pulo á política industrial” do goberno de Pedro Sánchez coa “inacción” da Xunta de Feijóo.

“Feijóo utiliza a Xunta para a súa publicidade, pero os datos amosan o seu suspenso claro”, evidenciou o líder dos socialistas galegos, antes de recriminarlle que só fale de Alcoa para tentar “confrontar co goberno socialista”.

Ao fío diso, Gonzalo Caballero recordou como, tralo anuncio de peche definitivo das plantas de Alcoa na Coruña e Avilés, a ministra de Industria traballou ata acadar unha saída “mentres Feijóo dicía que non habería ningún inversor”. Hoxe, como apuntou, o emprego está garantido para os próximos dous anos.

No caso da factoría de San Cibrao, o máximo dirixente do PSdeG chamou a manter a atención ante a baixada na produción, toda vez que o mantemento do emprego é “unha cuestión prioritaria”. De feito, a ministra de Industria ten previsto visitar a planta antes de que remate este mes.

ESTATUTO ELECTROINTENSIVO

En paralelo, Gonzalo Caballero puxo en valor o traballo desenvolvido polo goberno para impulsar o estatuto das empresas electrointensivas e a decisión de duplicar as axudas ás emisións ata os 180 millóns de euros.

“Son dous mecanismos fundamentais”, destacou o secretario xeral, quen indicou que o estatuto non chegou a aprobarse debido á convocatoria de eleccións e engadiu que “o mellor que pode pasar” para que entre en vigor é que Pedro Sánchez sexa investido canto antes.

“IRRESPONSABILIDADE” DO PP

Tras destacar o traballo feito polo goberno socialista, Gonzalo Caballero censurou a “irresponsabilidade” de Feijóo, sen esquecerse de que os gobernos da dereita na Xunta e no Estado “non fixeron os deberes” coas industrias de grande consumo enerxético.

Do mesmo xeito, esixiu a Feijóo que “faga rectificar” ao delegado da Xunta en Lugo polas súas declaracións “irresponsables” ou que “sexa cesado inmediatamente”. “Que estean á altura”, reclamou, crítico con que a Xunta poña “paus nas rodas” mentres o goberno socialista “traballa e acada solucións”.

No encontro co comité de empresa de Alcoa en San Cibrao participaron tamén os alcaldes e alcaldesas de Viveiro, Burela, Foz, Trabada, A Pontenova, Ourol e Alfoz, ademais do voceiro socialista en Cervo; a secretaria provincial do PSOE en Lugo, Patricia Otero; a deputada no Congreso Ana Prieto e o senador César Mogo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18