Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, tras a xuntanza coa vicepresidenta Teresa Ribera: “Cómpre mobilizar 1.000 millóns para o reto demográfico en Galicia nos próximos tres anos coa cogobernanza entre a Xunta e o goberno de España”

O líder socialista leva á xuntanza “prioridades e propostas para o futuro de Galicia”, e destaca que o goberno abrirá liñas de fondos europeos para concellos de menos de 5.000 habitantes como pediu o PSdeG: “é fundamental para a Galicia rural”

O secretario xeral traslada o compromiso do PSdeG co sector da industria mar: “a súa actividade e emprego son prioritarios e seguiremos sendo os seus aliados”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza en Madrid coa vicepresidenta e ministra da Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, na que trasladou “prioridades e propostas para o futuro de Galicia”.

Caballero sinalou que “cómpre mobilizar 1.000 millóns de euros públicos para o reto demográfico en Galicia nos próximos tres anos”, para o que hai que optar pola cogobernanza entre goberno de España e Xunta e incorporar proxectos potentes ao plan do ministerio, que vai destinar máis de 10.000 millóns para loitar contra o baleirado do territorio.

O responsable socialista trasladoulle á vicepresidenta a importancia do reto demográfico en Galicia e de que os fondos “cheguen de forma efectiva” a esta comunidade. Ademais, puxo en valor que, como el mesmo pediu en pasadas datas, “conseguimos que haxa varias liñas de axudas de fondos europeos para os concellos de menos de 5.000 habitantes”, que permitirán abordar cuestións como a mellora dos sistemas de saneamento ou a rehabilitación de vivenda. “Son inversións fundamentais para a Galicia rural”, recalcou Gonzalo Caballero.

“O goberno de España está traballando na liña que pedimos os socialistas galegos” para permitir que os fondos comunitarios “cheguen á Galicia rural” para “apoiar a modernización e a posibilidade de xerar emprego”, destacou.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero reclamoulle ao goberno galego que responda da cogobernanza co goberno de España e “se incorpore a traballar polo rural”. Advertiu de que “a Lei de Demografía da Xunta é papel mollado” e sinalou que “é hora de poñer cartos e facer unha aposta polo reto demográfico en Galicia, abordando a cuestión fundamental do despoboamento do rural”.

“ALIADO” DA INDUSTRIA MAR

O líder dos socialistas galegos, que acudiu á xuntanza acompañado do coordinador da Interparlamentaria socialista, o senador Xoaquín Fernández Leiceaga, e do coordinador dos socialistas galegos no Congreso, Guillermo Meijón, tamén subliñou a importancia do sector mar – industria para Galicia.

Neste sentido, constatou o “claro compromiso do Goberno de España co sector, concedendo tódalas prórrogas ás concesións” de conserveiras e empresas costeiras do sector mar industria. Sinalou que “o sector pode estar tranquilo porque vai haber un compromiso claro de tódolos socialistas” coa súa actividade, e presentouse como “aliado pleno dos sectores empresariais vencellados á pesca e ao mar”.

ENCE

Gonzalo Caballero explicou que o futuro de Ence dependerá dunha sentenza xudicial pero que, en calquera caso, é positivo abrir unha mesa para abordar o futuro de Ence. Entendendo que, se a sentenza non fose favorable a Ence, a responsabilidade da chapuza xurídica sería do anterior goberno do PP, certo é que convén traballar con distintos escenarios ata o 2033 e despois dese ano.

Apuntou que “pódese traballar para buscar distintas vías que posibiliten futuro para este tipo de actividade industrial en Galicia máis alá” daquela data, pero se a concesión non vale habería que buscar outro enclave en Galicia. Explicou que os tribunais determinarán a duración da concesión, logo das dúbidas sobre a prórroga ata 2073, que parece “mal feita” polo goberno de Rajoy.

Confirmou que o goberno de España “vai traballar nunha mesa polo futuro de Ence coa participación de tódalas administracións, a empresa e o comité de empresa” para traballar e buscar futuro a longo prazo fóra da ría de Pontevedra. Salientou que “os traballadores terán o noso compromiso de traballar polo futuro de Ence en Galicia, pero fóra do seu enclave unha vez que finalicen tódalas prórrogas”.

TRANSICIÓN ECOLÓXICA XUSTA

O líder do socialistas galegos defendeu finalmente unha “fórmula de transición ecolóxica xusta que busque mecanismos de compensación e proxectos alternativos para xerar emprego”, sinalando as centrais de Meirama e As Pontes. Indicou que o Executivo traballa para que “aquelas empresas que tiveron tantos beneficios, como Endesa manteñan o emprego, pero tamén en buscar actividade e compromiso con Ferrolterra”.

Resumiu que os socialista galegos “traemos ao goberno de España a axenda de prioridades para o futuro do noso país buscando a cogobernanza entre a Xunta e o Goberno de España para dar solucións ante a crise de maior envergadura”. O obxectivo, dixo, é “facelo buscando abordar o reto demográfico e favorecendo unha Galicia verde e ecolóxica compatible coa prioridade do emprego”.

O secretario xeral repasou tamén a axenda galega en materia de enerxía, proxectos europeos e medioambiente, e trasladou as preocupacions e ideas sobre os temas galegos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32