Categorías: Actualidade

O PP veta a nosa proposta para actualizar as aportacións da Xunta aos salarios das brigadas contra incendios

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, acusou hoxe á Xunta de “eludir as súas responsabilidades” para garantir as condicións dos traballadores do Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Galicia. Así o dixo logo de que o PP rexeitara hoxe en Comisión dúas iniciativas socialistas destinadas a actualizar as aportacións da Xunta para os salarios dos brigadistas e mellorar a formación destes profesionais.

A responsable socialista presentou en primeiro lugar unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta que incremente as aportacións no convenio coas entidades locais para actualizar os salarios dos brigadistas logo do incremento do Salario Mínimo Interprofesional. Explicou que os concellos tiveron que incrementar as partidas para os salarios en torno a 7.000 euros máis que hai dous anos, “no caso de contar con dúas brigadas”.

Rodriguez dixo que o goberno galego leva sen actualizar as súas aportacións dende hai oito anos, explicou, máis alá dos 1.600 euros por brigada remitiron no ano 2020 como medida extraordinaria para facer fronte aos gastos derivados dos protocolos de desinfección e medidas de prevención pola covid. Advertiu de que estas aportacións “en ningún caso” cobren o incremento dos gastos que está a ser asumido polos concellos en solitario.

Explicou que o goberno galego está a dificultar o traballo das brigadas, contratadas unicamente en temporada de incendios e que se ven incapaces de cumprir ao mesmo tempo coas labores de extinción e o desbroce obrigado dos montes. Reivindicou así un “contrato laboral estable para os traballos de prevención durante todo o ano, que serían facilmente sufragables co diñeiro destinado a paliar os danos producidos no monte”.

A parlamentaria socialista acusou ao goberno galego de “intentar repartir e difuminar entre os propietarios, as deputacións e os concellos unha responsabilidade que lle corresponde plenamente á Consellería do Medio Rural”.

Formación

Carmen Rodríguez Dacosta esixiulle ao goberno galego que inicie un “calendario de reunións cos sindicatos” para tratar a actualización da formación do Servizo de Prevención de Incendios Forestais, establecendo un protocolo de formación que actualice aos 3.000 efectivos cos que conta Galicia. Advertiu que estes profesionais están a recibir “unha oferta formativa escasa, que ademais non é nin integral nin actualizada”.

Criticou o veto do PP a esta iniciativa dirixida a “desenvolver as enormes capacidades do servizo de bombeiros forestais, claramente desaproveitado” que está a ver como “ano tras ano o mellor servizo e coa maior experiencia en toda Europa está a quedar obsoleto debido á falla de inversión e iniciativa do goberno autonómico, que ano tras ano tan só ofrece promesas sen concretar unha oferta real”.

Reivindicou a reciclaxe duns profesionais que están a recibir formación en incendios de primeira xeración “cando xa vamos pola sexta xeración”. Reclamou unha programación concreta e planificada que incorpore os incendios urbano – forestais, condución de vehículos todoterreo, protección de edificacións, comunicacións, uso de lume técnico, mobilización de medios, coordinación en grandes incendios ou busca de desaparecidos, entre outros.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09