Categorías: Secretaría XeralUncategorized

Gonzalo Caballero solicita a “unanimidade” da Cámara para investigar a xestión da covid nas residencias: “Se non honramos aos nosos maiores, perdemos a dignidade como país”

O voceiro parlamentario do PSdeG reclama a Feijóo que “levante o veto” e que “amose co seu voto que ten vontade de acordo” para afrontar “momentos críticos” como os que estamos vivindo trala chegada da pandemia

Santiago, 22 de setembro de 2020. O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, defendeu hoxe, no primeiro pleno parlamentario desta lexislatura, a creación dunha comisión de investigación que sirva para aclarar “que fallou” nas residencias de maiores durante a primeira vaga da covid, toda vez que nestes centros faleceron preto da metade das persoas que perderon a vida en Galicia por mor da pandemia.

“Como non vai ter o Parlamento o compromiso e a responsabilidade de poñerse ao carón das vítimas?”, inquiriu, consciente de que “se non honramos aos nosos maiores, perdemos a dignidade como país”. Así pois, apelou á “unanimidade” da Cámara nun “momento crítico” como o que vivimos dende a chegada do coronavirus, e requiriu a Feijóo que “levante o veto” sobre a creación deste órgano e que “amose que ten vontade de acordo”.

“Temos que amosar empatía cos 317 falecidos nas residencias galegas investigando o ocorrido”, argumentou Gonzalo Caballero, toda vez que así o piden as súas familias e os propios traballadores dos xeriátricos, que desenvolveron o seu labor en circunstancias de “falla de seguridade” e de “carencia de medidas de protección suficientes”.

Por iso, tras unhas palabras de “apoio e agarimo” para as 720 vítimas do coronavirus en Galicia, o líder do PSdeG defendeu que a comisión de investigación ten que servir para obter información dos protocolos desenvolvidos na primeira vaga da covid, cando faleceron en Galicia 274 maiores en residencias, e “avanzar” nos cambios que require este modelo. “Non buscamos revisionismo, queremos saldar unha débeda moral”, selou.

Sobre todo, afondou Gonzalo Caballero, porque é “evidente” que houbo problemas nos centros residenciais e que estes aínda non foron atallados, vistos os novos casos de contaxios masivos en xeriátricos como os do Incio, Outeiro de Rei ou Culleredo. “Que estamos facendo? Están fallando os protocolos ou as inspeccións? Como protexemos aos nosos maiores?”, demandou coñecer, co convencemento de que “debémoslle unha explicación a Galicia”.

Máxime, como dixo, despois de que o propio Consello de Contas revelase no seu último informe unha caída constante no número de inspeccións nas residencias de maiores por parte da Xunta e que as deficiencias detectadas non levaban aparelladas propostas de sanción a pesares de que estas non se corrixían.

“RESPONSABILIDADE”

Neste escenario, Gonzalo Caballero reclamou a apertura dunha comisión de investigación como xa demandaron os socialistas “dende os primeiros momentos” nos que se constatou a existencia de problemas nas residencias, incluso naquelas concibidas para albergar a maiores que estaban sans.

“Temos unha débeda moral cos máis de 20.000 maiores que están en residencias, e que teñen medo”, incidiu, para pedir “responsabilidade” da Cámara para acordar a creación da comisión. “Unha soa persoa falecida merecería unha investigación”, remachou o líder socialista.

Ademais, apuntou que o PSdeG levará tamén neste pleno unha proposición non de lei para reclamar unha comisión de investigación, do mesmo xeito que xa foi solicitada na Mesa do Parlamento o pasado 27 de agosto.

PROPOSTA SOCIALISTA

O PP rexeitou hoxe tamén unha proposta do Grupo Socialista para investigar os contaxios da vocid nas residencias de maiores durante a primeira vaga do virus. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentou esta proposta que, dixo, “non é para acusar nin para buscar culpables, senón para estudar as causas e a situación na que entrou a pandemia, aprender dos nosos erros e depurar responsabilidades”.

Ortega lamentou a “oportunidade perdida” por parte do PP para “iniciar unha nova etapa política de consenso polo ben común dos nosos maiores” asumindo o “deber moral” e exercendo “empatía” cos maiores e as súas familias. Considera “preciso e necesario investigar” a situación das residencias galegas, así como “as fórmulas” para superar a situación actual porque, dixo, “unha soa persoa falecida xustificaría unha Comisión de Investigación sobre o sucedido”.

Sinalou que a Xunta conta “antes e despois da pandemia” coas competencias de xestión dunhas residencias de maiores que tiveron que afrontar a primeira vaga da covid con serias irregularidades e incumprimentos da normativa, ata o punto de que Galicia é hoxe a quinta comunidade autónoma do Estado con maior número de dilixencias abertas pola Fiscalía derivadas da covid.

Sinalou ademais á advertencia do propio Consello de Contas, quen no informe de 2016 alertara de que a Xunta reduciu as inspeccións en residencias dende o 100 ao 39 por cento dende 2010, mentres o número de prazas privadas aumentaban.

A responsable socialista lembrou tamén as denuncias de familias e traballadoras das residencias, que denunciaron incumprimentos na normativa que afectan aos coidados dos maiores, mentres a Xunta evitaba dar datos por residencia nin por concello, e mentres “seguimos sen coñecer os criterios para derivar ou non aos maiores ás residencias integradas ou aos centros intermedios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13