Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que o debate do Estado da Autonomía anticipa a saída de Feijóo e marcará “un punto de inflexión no ciclo político de Galicia”

O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, dixo hoxe que a intervención de Feijóo no Debate do Estado de Autonomía demostrouse “baleira de proxectos nin solucións” agás o de “buscar a confrontación co goberno socialista”. Logo da primeira intervención do presidente da Xunta, advertiu que a sesión marcará “un punto de inflexión no ciclo político de Galicia” de cara ao remate dunha década de gobernos do PP.

O tamén presidente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia lamentou que Feijóo “segue vivindo na Galicia do coche oficial ao que leva subido máis de 20 anos” e que o incapacita para “recoñecer á Galicia real”.

Sinalou que o de hoxe foi “o discurso de peche do seu ciclo político, a despedida logo de 10 anos de mandato”, que reflexa un proxecto esgotado, con “pequenas promesas conformando unha ensalada de contidos sen orientación estratéxica nin solucións aos problemas reais da cidadanía galega”.

Gonzalo Caballero advertiu que “o fracaso dunha década de xestión non se arranxa cun debate do Estado da Autonomía que quere centrar no conflito e na confrontación co goberno de España”, e anunciou que na intervención desta tarde os socialistas presentarán un “proxecto chamado a pivotar unha nova etapa”. Anunciou un novo tempo “de progreso e futuro, centrado en solucionar os problemas da Galicia real”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18