Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero respalda desescalar de acordo co comité clínico: avanzar na apertura da hostalería, o levantamento dos peches perimetrais e as reunións con non conviventes con prudencia

O voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinala que a lei de saúde impulsada polo PP “non resolve ningún problema” relativo á pandemia e xera confusión

O secretario xeral do PSdeG rexeita os disturbios de Cataluña e chama a reforzar o estado do benestar como vía para que “ninguén quede atrás” e afastar así “os riscos de tensións e extremismos de dereita e de esquerda”

Santiago, 22 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe ante os medios en compañía do voceiro de Sanidade, Julio Torrado, para analizar a evolución desta terceira onda da covid en Galicia e avaliar as medidas que cómpre poñer en marcha coa máxima de “protexer a saúde” e guiarse polos criterios do comité clínico.

Así, o líder dos socialistas galegos subliñou que, tralo “fracaso da estratexia Salvar o Nadal da Xunta e do plantexamento fallido do BNG do confinamento absoluto dende o pasado mes de outubro”, é o momento de “tomar medidas ponderadas” e “avanzar cara o relaxamento das restricións coa máxima prudencia”, tendo en conta a caída no número de contaxios.

Trátase, como dixo Gonzalo Caballero, de, “paulatinamente”, empezar a permitir certa actividade na hostalería galega, de levantar os peches perimetrais nalgunhas zonas e de posibilitar as reunións de non conviventes, por exemplo, “ao aire libre”, para favorecer o encontro de familiares e seres queridos.

E, tras garantir que o PSdeG continuará sendo “leal e responsable” e actuando “con vocación de construír e de cooperar”, o máximo dirixente do PSdeG cuestionou a estratexia de “tentar confundir” que está seguindo o presidente da Xunta ao fío da aprobación no pleno de mañá da nova lei de saúde de Galicia.

“Feijóo está tentando salvar as súas declaracións contra o estado de alarma cunha lei que non dá resposta aos problemas que nos atopamos fronte á pandemia”, sinalou Gonzalo Caballero, ao tempo que fixo fincapé en que o necesario agora é “reforzar” o sistema sanitario e “mellorar” o sistema de vacinación que xa está en marcha.

LEI DE SAÚDE

Precisamente, o voceiro de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, sinalou que esta lei “trata sobre o que non toca”, posto que “non resolve ningún problema” relativo á pandemia ou á situación do sistema de saúde.

Ademais, incidiu, “chega tarde”, case un ano despois de que se decretara o estado de alarma fronte á covid. Outras comunidades, tal e como reseñou, xa tomaron medidas “en maio ou xuño” do ano pasado.

A maiores, o deputado do PSdeG criticou que a Xunta desbotase a “concienciación” sobre as vacinas para optar polo “estado de excepción” e a “imposición” a través desta norma. “Entre a ignorancia do negacionismo e a soberbia do autoritarismo, nós estamos coa ciencia”, subliñou.

Ao respecto, o socialista vilagarcián amosou o seu convencemento de que “a eficiencia é a mellor maneira de convencer”. De aí, profundou, que as reticencias ante as vacinas fronte á covid non cheguen nin ao 10% da poboación.

DISTURBIOS EN CATALUÑA

En paralelo, Gonzalo Caballero puxo o foco nos disturbios que se están producindo en Cataluña nas últimas xornadas para amosar o seu rexeitamento á violencia. “Respectamos o dereito á manifestación, pero nunha democracia e nun estado de dereito non podemos asumir os ataques contra a convivencia”, engadiu.

“España é unha democracia que funciona, e a violencia nunca se pode xustificar”, remarcou o máximo responsable do PSdeG no marco dunha reflexión sobre as “tensións” que aparecen coas crises económicas.

“Trala gran recesión de 2008 e 2009 xurdiron en todo o mundo movementos sociais e extremismos políticos”, recordou, polo que avogou por construír “unha saída desta crise que non deixe a ninguén atrás”. “É a mellor garantía para fortalecer a convivencia democrática: ou saímos da crise cun modelo inclusivo ou haberá máis riscos de tensións e extremismos de dereita e de esquerda”, reflexionou.

Por iso, afondou Gonzalo Caballero, “traballamo por unha saída da crise na que se reforce o estado do benestar e na que tamén os mozos atopen oportunidades e motivos para crer”. “Porque nesta sociedade cabemos todos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13