Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama á Xunta que protexa ás persoas de xeito inmediato e traballe “nun Plan Marshall adaptado a Galicia” para a reconstrución no medio prazo

O líder do PSdeG recorda na comisión de reconstrución que a Xunta non deu “axudas directas” a pemes e autónomos na primeira vaga da covid e subliña que a Xunta ten que despregar máis medios

O voceiro socialista amosa a súa “preocupación” porque a Xunta pasa de 7 a 100 proxectos europeos sen estratexia nin modelo para afrontar a reactivación de Galicia

O voceiro do PSdeG no Parlamento, Gonzalo Caballero, interveu hoxe na primeira sesión da comisión da reconstrución de Galicia para reclamar á Xunta que sitúe como “prioridade” a defensa da xente ante esta crise e dea apoio aos sectores económicos afectados polas restricións derivadas da pandemia, agora “abandonados” polo goberno galego. Así mesmo, requiriulle que impulse as bases dun “Plan Marshall adaptado a Galicia” para a reconstrución a medio prazo.

Tras escoitar a comparecencia do vicepresidente económico da Xunta, Gonzalo Caballero amosouse “fondamente preocupado” á vista de que o goberno galego non só ten no inmediato “unha acción moito menor que outras comunidades para impulsar á economía” senón que carece dunha “diagnose axeitada e dun proxecto de futuro” para Galicia.

“Ante unha crise de tanta profundidade, a Xunta ten que actuar para apoiar á economía, que é apoiar á xente”, remarcou o líder do PSdeG, quen advertiu de que a pandemia pode traer como consecuencia “fondos niveis de desigualdade e exclusión”. Por iso, incidiu, cómpre “un plantexamento de maior concreción no curto prazo e de máis envergadura a medio e longo prazo”.

Así pois, Gonzalo Caballero requiriu á Xunta que habilite “axudas directas” para a hostalería, o comercio, as pemes, os autónomos ou á industria cultural, consciente de que a acción do goberno galego é neste eido “moito menor” que a de outras comunidades. “Non quixeron dar axudas directas na primeira vaga da covid e agora, na segunda, van con retraso”, evidenciou.

Ao fío disto, o dirixente socialista chamou a “despregar todas as capacidades que dá o Estatuto” para facer fronte á pandemia e á crise derivada dela, ao tempo que garantiu a “man tendida” do PSdeG no camiño de “construír unha páxina de reactivación económica e industrial de Galicia” e de traballar para que esta sexa “a lexislatura da protección das persoas”. Para iso, sinalou, cómpre “desenvolver un plan económico á altura do que Galicia necesita”.

“IMPLICACIÓN” DA XUNTA

Precisamente, “dar orientación ao goberno galego”, afondou, “ten que ser o obxectivo” desta comisión, posto que é necesario conseguir “implicación” da Xunta na loita contra unha crise que “pon en risco moito do construído ata o de agora”.

“Hai moito que facer”, sinalou Gonzalo Caballero, consciente de que Galicia ten “un problema demográfico real”, taxas de produtividade que a sitúan “á cola” da OCDE e unha alerta da Unión Europea de que “un terzo” do noso emprego corre perigo a causa da pandemia.

“Hai que facer política económica, política industrial, política de I+D+i, política demográfica…”, defendeu o líder do PSdeG, quen puxo tamén o foco na importancia de que “non se desperdicien” os fondos europeos, en liña coas advertencias xa feitas á Xunta polo Consello de Contas.

FONDOS EUROPEOS

A ese respecto, Gonzalo Caballero cuestionou que a Xunta anuncie un día sete proxectos e ao outro máis de 100, nunha actuación que revela que “non existe unha estratexia nin unha orientación definida” sobre o rumbo que ten que tomar a comunidade.

“Non se trata de apoiar proxectos individuais, senón de impulsar a economía dun xeito consistente. Do contrario, estaremos gastando fondos sen ter un plan para a reactivación de Galicia”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25