Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Feijóo que levante a peaxe da AG-57: “Non pode estar de brazos caídos coa autoestrada do Val Miñor mentres o goberno de España bonifica a AP-9”

O líder dos socialistas galegos anuncia cos alcaldes socialistas de Gondomar, Nigrán e Baiona que levarán ao Parlamento a petición de rebaixa de peaxes da AG-57, que é autonómica

Caballero reclámalle á Xunta que “olvide a estratexia de salvar a Semana Santa” logo do “fracaso” de salvar o Nadal e que “se permita certa actividade, pero protexendo a saúde”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe ao presidente da Xunta que siga o camiño do goberno de España e levante a peaxe da autoestrada autonómica AG-57 entre Puxeiros e o Val Miñor. O responsable socialista desprazouse hoxe ata o Val Miñor, onde mantivo unha xuntanza cos alcaldes socialistas de Gondomar, Francisco Ferreira; Baiona, Carlos Gómez; e Nigrán, Juan González, acompañado da deputada socialista Leticia Gallego.

O líder do PSdeG sinalou que Feijóo “non pode estar de brazos caídos sen facer nada polo Val Miñor” no mesmo ano no que o goberno de España vai destinar 63 millóns de euros para bonificar as peaxes da AP-9. O responsable socialista respaldou esta “demanda histórica dos veciños e veciñas que queren poder desprazarse entre Gondomar, Baiona e Nigrán ata Puxeiros en igualdade de condicións que outras partes de Galicia”.

Ademais, Gonzalo Caballero criticou que “mentres o goberno de España vai bonificar a AP-9 ata 2048”, o PP ten previsto manter o pago polo uso da autoestrada no Val Miñor ata 2045. Reclamoulle á Xunta que “tome medidas, poña fondos e en seis meses leve ao Parlamento un plan de traballo con financiamento para levantar estas peaxes abusivas” e recuperar a comarca do “esquecemento da Xunta, que se olvida e despreza aos veciños que usan a AG-57”.

VISIÓN DOS ALCALDES

Así o dixo nun encontro cos alcaldes socialistas do Baixo Miño no que participou o rexedor de Baiona, Carlos Gómez, quen reivindicou esta medida para “facerlle a vida máis fácil e cómoda” aos veciños das tres localidades e da forte demanda turística no verán.

O alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, considerou “intolerable” que a comarca teña que asumir “prezos desmesurados mentres pagamos o impacto paisaxístico dunha mole de cemento que fende os concellos á metade”.

Pola súa banda, a alcalde de Nigrán, Juan González, ratificou o “fundamental” desta medida para a vida duns veciños que poden viaxar dende Madrid a Vigo case sen pagar un quilómetro ata que chegan ao Val Miñor.

AVANCE PARA A VARIANTE DE PONTEAREAS

En paralelo, Gonzalo Caballero rematou poñendo en valor o compromiso do goberno de España coas infraestruturas de Ponteareas e da comarca do Condado.

Así o dixo logo de coñecer hoxe mesmo a posta en marcha da tramitación da circunvalación de Ponteareas para conectar a N-120 coa autovía A-52 cun investimento estimado de sete millóns de euros. Sinalou esta actuación logo de anos nos que o PP “non fixera nada importante” por estas infraestruturas.

SEMANA SANTA

O líder dos socialistas galegos emprazou ao presidente da Xunta a “colaborar co goberno de España, non xerar confusión, olvidarse da estratexia de salvar a Semana Santa e permitir certa actividade pero protexendo a saúde e o nivel de contaxios” pola covid.

Gonzalo Caballero lembrou que a estratexia de “Salvar o Nadal” acuñada por Feijóo “fracasou” e provocou un elevado nivel de contaxios en xaneiro e febreiro, polo que emprazou a non repetir os mesmos erros de cara á próxima festividade da Semana Santa.

Así, chamou á Xunta a que traballe “con lealdade” co goberno de España para “protexer á xente e evitar a cuarta onda da covid”.

Sinalou que “semella axeitado” manter o peche perimetral ata a Semana Santa fronte á “semiestratexia” de “Salvar a Semana Santa”, que pode poñer en cuestión a recuperación na loita contra o virus.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02