Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Feijóo que compareza para “amosar as listas de espera na Atención Primaria e explicar o auto demoledor do TSXG contra a Consellería de Sanidade polo pasaporte covid

Anuncia iniciativas sociais e parlamentarias para “que o goberno da Xunta abandone a política da avestruz, dea a cara e explique os desastres da Consellería de Sanidade” que “lastran a reactivación económica, social e cultural do país”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe o PAC no antigo Hospital Xeral de Vigo para reclamarlle a Feijóo que compareza no Parlamento para “amosar as listas de espera na atención primaria e explicar o auto demoledor do TSXG” contra o pasaporte covid da Xunta.

En compañía do secretario local do PSOE vigués, Abel Losada, a deputada Olga Alonso e as parlamentarias Leticia Gallego e Noelia Otero, o líder dos socialistas galegos requiriu un “informe detallado” das listas de espera rexistradas este verán na atención primaria nas distintas áreas sanitarias de Galicia, que reportaron esperas de máis de 20 días para conseguir cita co médico ou médica de cabeceira.

Ademais, reclamou unha explicación sobre un auto xudicial que acusa á Xunta de “demonizar á hostalería e de atentar contra os dereitos fundamentais” da cidadanía.

Gonzalo Caballero lembrou que a día de hoxe “ninguén deu a cara para explicar” o correctivo aplicado polos xuíces “contra a política sanitaria do goberno da Xunta”. Por iso, anunciou que “despregaremos toda a actividade parlamentaria e seguiremos percorrendo Galicia” con iniciativas sociais e institucionais para que o presidente da Xunta “abandone a política da avestruz, dea a cara e explique os desastres da Consellería de Sanidade”.

E é que, como advertiu o responsable do PSdeG, a xestión sanitaria “está a debilitar a reactivación económica social e cultural do país”, toda vez que a sanidade pública constitúe “unha peza fundamental”, sinaladamente no contexto da pandemia. “Ou fortalecemos á sanidade pública e a atención primaria ou estaremos debilitando a posibilidade de reactivar a economía e a vida social do conxunto do país”, resumiu.

A XUNTA, “SEN RESPOSTAS”

Neste escenario, Gonzalo Caballero reprobou a “falla de resposta” do conselleiro de Sanidade, que ve como “cada semana que pasa, a situación é peor e máis preocupante” sen presentar “ningunha solución, ningún plan de fortalecemento da sanidade pública”. El mesmo -recordou o líder socialista- “asumiu xa que haberá que agardar dou anos para que a sanidade pública galega recupere o nivel de atención precovid”, unha previsión empeorada xa a día de hoxe.

Caballero lembrou alarmado como o máximo responsable da Consellería de Sanidade recoñecera sen inmutarse unha espera de “8 días máis para atención no especialista e de 18 días máis para entrar en quirófano” e que se agravou coa decisión de pechar 600 camas hospitalarias neste verán por un goberno que se ten negado sistematicamente a reforzar a sanidade.

“QUEBRA SANITARIA”

De feito, Gonzalo Caballero acusou ao goberno galego de ter levado á sanidade a unha “debilidade de persoal que implica o fracaso do conxunto do sistema”. Esta situación “implica que os cidadáns non podemos ter a nosa cita pronto, polo que temos que buscar mecanismos como entrar pola porta de Urxencias”, e engadiu que “non pode ser” esta “deriva” na que se sitúa á cidadanía, a quen queren obrigar a “ir á sanidade privada”.

Ademais, criticou que o goberno galego continúe a día de hoxe na mesma “estratexia de falla de compromiso, falla de xestión e debilidade á hora de comprometerse cos profesionais do sistema sanitario”.

Finalmente, o máximo dirixente do PSdeG afeou á Xunta as súas críticas á estratexia de vacinación coordinada polo goberno de España, unha planificación que ten levado a España a liderar a taxa de vacinación dos países da súa contorna.

Censurou así o empecinamento de Feijóo nesa “estratexia de deslealdade” na que “errou, como errou o nacionalismo galego ao apostar por vacinas rusas, cubanas e chinesas como solución fronte ao virus”. Finalmente, resaltou, “tivo que ser a estratexia do goberno de España, ao carón da UE, da ciencia e dos profesionais sanitarios”, a que levara a entrar na terceira semana de agosto co 80 por cento dos galegos vacinados.

En cambio, Feijóo, lembrou Gonzalo Caballero, tivo que recuar na súa Lei de Saúde por imposición do Tribunal Constitucional, iniciou un conflito polo proceso de vacinación que o propio conselleiro estivo obrigado a rectificar, viu como o seu sistema de autocitas colapsaba e os xuíces desbotaban o seu pasaporte covid. “Este goberno de chapuza non está á altura do que os galegos e as galegas necesitamos”, remachou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38