Categorías: ActualidadeNovasPortadaSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero cualifica de “demoledor” o auto do TSXG sobre o certificado covid para a hostalaría: “É unha emenda á totalidade da xestión da Consellería de Sanidade de Feijoo”

O secretario xeral do PSdeG reclámalle a Feijoo que se sente co sector para ofrecerlle seguridade xurídica, pactar a desescalada e establecer un plan de axudas

Gonzalo Caballero visitou hoxe Mondariz, acompañado do tenente de alcalde do municipio, José Luís Fernández Piñeiro, para comprometerse coas necesidades do concello

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou hoxe de “demoledor” o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que rexeita a obriga, imposta pola Xunta, de presentar o certificado covid para acceder aos locais de hostalaría. O líder dos e das socialistas galegos considera que a decisión do TSXG é “unha emenda á totalidade da xestión realizada pola Consellería de Sanidade de Feijoo”.

Gonzalo Caballero lembrou esta mañá que o auto dos xuices deixou meridianamente claro que esa medida atenta contra dereitos fundamentais, que non está xustificada e que discrimina e demoniza ao sector da hostalaría: segundo os xuíces resulta “ineficaz e innecesaria” á hora de evitar posibles contaxios.

Neste contexto, o secretario xeral do PSdeG considera que “queda claro que dende a Consellería de Sanidade non se están a facer ben as cousas” e, polo tanto, “a Xunta de Galicia debe cambiar o rumbo en vez de atacar ao sector da hostalaría e de non ofrecerlle seguridade xurídica na desescalada”. “Non hai reactivación posible”, remarcou Caballero, ”se non se fai de acordo ao Estado de dereito e fortalecendo a sanidade pública galega”. Pero “Feijoo, pola contra, está debilitando a sanidade pública galega e facendo normas ilegais”, indicou.

Por iso, Gonzalo Caballero salienta que “o que debe facer Feijoo é sentarse inmediatamente co sector para establecer un plan de axudas, para pactar a desescalada e tamén para darle seguridade xurídica a unha reactivación na que é prioritario fortalecer o sistema sanitario e fortalecer aos sectores máis afectados”. Fixo especial fincapé no da hostalaría, “que ten tantas dificultades e que necesita a reactivación neste verán”.

VISITA A MONDARIZ

O secretario xeral dos socialistas galegos realizou estas declaración durante unha visita ao concello pontevedrés de Mondariz. Alí recordoulle á Xunta de Galicia que este ano conta con 1.100 millóns de euros adicionais procedentes do goberno central e reclamou que cando menos parte de eses cartos se destinen a paliar as enormes necesidades coas que contan os municipios rurais do país.

Neste senso, o tenente de alcalde de Mondariz, o socialista José Luís Fernández Piñeiro, lembrou algunhas das asignaturas pendentes que a Xunta de Galicia ten co seu municipio.

En primeiro lugar, lembrou que un dos principais problemas que ten agora mesmo o concello son as limitacións que se impuxeron ao respecto dos  transportes pesados, o que impide a circulación de vehículos pesados cara a Ponteares. Fernández Piñeiro reclama que “ou ben se solucione o problema, ou ben se ofreza unha alternativa cun trazado novo a través dunha circunvalación”, tal e como se comprometeu a Xunta de Galicia.

O tenente de alcalde de Mondariz tamén demandou que o goberno galego axilice os trámites para dotar a Mondariz dun parque industrial, “que é moi necesario”.

Por último, lembrou os problemas que existen na actualidade coa EDAR. Foi construída para darlle servizo a 6.000 mil habitantes e –malia que agora mesmo só a están empregando 2.500- Augas de Galicia asegura que xa está ao seu límite, “o cal é incomprensible”. Por iso, solicita que, ao igual que se fixo en Mondariz, se traten de solucionar os problemas de filtracións que hai en outros puntos e que limitan a capacidade da depuradora.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27