Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama a Feijóo que compareza na Cámara polas residencias: “O cheque que lle demos para xestionar a crise non é para que non dea contas”

O secretario xeral urxe a clarificar o número de falecementos en residencias sen diagnóstico confirmado de covid-19 e a intervir onde hai contaxios masivos

Santiago, 16 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe a Feijóo que compareza no Parlamento para avaliar a evolución do coronavirus en Galicia, posto que no último mes unicamente acudiu á Cámara nunha ocasión a pesares da “gravidade” da crise.

“Estamos nunha situación atípica na que a Cámara está disolta e na que acordamos aprazar as eleccións para centrar os esforzos na loita contra o covid-19”, recordou Gonzalo Caballero, quen puntualizou que “o cheque que lle demos a Feijóo para abordar a crise non é para que non dea contas”.

“Feijóo ten que comparecer cando menos cada 15 días”, sostivo o líder socialista, toda vez que ese sería o calendario ao que tería que cinguirse se o Parlamento estivese en plenitude de funcionamento. Pedro Sánchez compareceu no Congreso en tres ocasións e Feijóo soamente unha.  “E coa Cámara disolta, Feijóo tería que ser aínda máis coidadoso”, argumentou.

“Ten que escoitar a visión da cidadanía a través dos seus representantes políticos”, abundou. Ademais, sinalou que “hai moita diferencia” entre o trato que recibe Pedro Sánchez da oposición do PP e Vox e a “lealdade” amosada durante a crise polos grupos da oposición en Galicia.

FALECEMENTOS EN RESIDENCIAS SEN DIAGNÓSTICOS DE COVID-19

En paralelo, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a que clarifique o número de falecementos en residencias de maiores, tendo en conta as persoas que perderon a vida sen que ter confirmado o contaxio do Covid-19.

Sen querer “crear alarmismo”, o líder do PSdeG sinalou que “somos a voz das familias que non están sendo atendidas pola Xunta de xeito adecuado” e que, en moitas ocasións, séntense “abandonadas” polo goberno galego.

Do mesmo xeito, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que as residencias de maiores segue sendo “o maior problema” para a expansión do covid-19, porque hai “contaxios masivos” nalgúns centros e porque aínda na residencia habilitada para illar a persoas sas en Nigrán déronse nos últimos días dous casos de contaxio.

“A Xunta ten que intervir onde hai una situación grave”, remarcou o máximo dirixente dos socialistas galegos, quen sinalou que o goberno galego “non pode dar as costas” ao que ocorre, por exemplo, na residencia de Domus VI no barrio compostelán de San Lázaro, a que rexistra o maior número de falecementos ata a data.

IRREGULARIDADES EN RESIDENCIAS

Ao fío disto, Gonzalo Caballero reprobou que Feijóo afirmase na súa comparecencia descoñecer o informe do Consello de Contas que sinala irregularidades en varios deses centros, e que foi tratado en varias ocasións no Parlamento.

Ese documento, recordou o secretario xeral do PSdeG, sinala que “a pesar de que as residencias non corrixiron as irregularidades observadas, a Inspección non propuxo a iniciación de expedientes sancionadores”.

“O presidente é coñecedor dese informe e, por respecto aos maiores a ás súas familias, non pode esconderse e non dar contas do que está ocorrendo nas residencias”, subliñou Gonzalo Caballero.

COMITÉ CLÍNICO

Finalmente, o máximo dirixente do PSdeG pediu “distinguir” as opinións do presidente da Xunta e as recomendacións do comité clínico e, nesa liña, requiriu que sexa o responsable deste órgano o que as faga chegar á opinión pública.

Trátase, como explicou, de coñecer os criterios “técnicos” en cuestións como a xeneralización do uso de máscaras ou a posibilidade de que os nenos poidan saír da casa en compañía dos seus pais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18