Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Gonzalo Caballero propón unha nova política económica á Xunta ante a crise: “Nos 13 anos de Feijoo Galicia perdeu 100.000 habitantes e 60.000 ocupados e fíxose máis cativa no conxunto do Estado”

Afirma de que “o plan de choque de Feijoo choca coas necesidades dos galegos e galegas” e alerta que aplicar esas mesmas políticas no Estado é “a vía para levar a España a un camiño peor”

O voceiro de Economía do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, demandoulle hoxe á Xunta que reformule a súa política económica para defender á cidadanía e salvar empresas ante a crise derivada da guerra de Ucraína. Con estes obxectivos, Caballero defendeu esta tarde no pleno do parlamento unha proposición non de lei na que instou ao goberno galego a adecuar o Plan estratéxico de Galicia 2022-2030 para o novo tempo económico que se aveciña a consecuencia deste conflito.

Na súa intervención, Gonzalo Caballero, evidenciou que Feijoo deixa a presidencia da Xunta cun balance de “ausencia en política económica”. “Galicia é economicamente máis cativa que cando chegou Feijoo”, advertiu, “quedamos estancados e non podemos seguir coa mesma folla de ruta”. Por iso, incidiu en que cómpre “marcar un novo tempo na política económica de Galicia”, cunha orientación estratéxica fronte ao exercicio de “propaganda e marketing” ao que se reduciu nos sucesivos gobernos do PP.

Como mostra disto, Gonzalo Caballero puxo de relevo datos como que Galicia perdeu durante os seus anos de goberno 100.000 habitantes, “polo que temos unha poboación máis envellecida e unha economía máis feble e máis pequena con respecto ao conxunto de España”. No eido do emprego, sinalou que, mentres no conxunto de España se crearon un millón de traballos dende 2009, en Galicia perdéronse 60.000.

A maiores, o peso de Galicia no PIB estatal caeu por debaixo do 5 por cento, e o peso da industria reduciuse e situase mais lonxe do 20 por cento do PIB, mentres o I+D+i está abandonado, un eido no que “non conseguimos ningún dos obxectivos que o propio PP se marcou”. Trátase, en definitiva, dunha situación que se reflicte na industria, no medio rural, no recorte de servizos públicos, no incremento da débeda ou nos 600.000 galegos e galegas que se atopan no limiar da pobreza. “Ese balance é froito da incapacidade de ter unha estratexia para afrontar tempos de crise”, concluíu. “A taxa de actividade e de ocupación están tamén na cola de España tras 13 anos de Feijóo”, engadiu Caballero.

Neste contexto, Caballero asegurou que “o plan de choque de Feijoo non leva a ningures, choca coas necesidades dos galegos e galegos”. De feito, advertiu que so servirá “para non fortalecer os servizos públicos, para non dar resposta aos problemas industriais do país e para non ter unha política laboral de compromiso e de xeración de emprego.”

Por iso, tras lamentar o “nefasto balance” que deixa Feijoo nos grandes datos, Gonzalo Caballero alertou de que aplicar esas mesmas políticas en España conduciría a unha falta de impulso económico, a recortes e a unha perda de peso de todos sectores produtivos. “Hai que rectificar”, alertou, “non podemos permitir que se siga levando a máis cidadáns a unha situación de dificultades”.

Nesta liña, incidiu en que as políticas do PP “non son positivas para a xente, nin para as familias vulnerables nin para os traballadores e traballadoras”. “So son positivas”, enfatizou, “para os aliados do PP, que son as eléctricas, os grandes poderes e os grandes patrimonios: son a dereita que quere baixar impostos para recortar o público e desfacer o estado de benestar”, lamentou.

Ao mesmo tempo, e fronte as medidas que está poñer en marcha o goberno central, Gonzalo Caballero, sinalou a “indolencia e a pasividade do PP, que sempre pon problemas pero nunca pon solucións”. “Pon paus nas rodas”, engadiu, “porque prefiren estar no desgaste ao goberno do Estado no canto de pensar na xente”.

En contraste con esta posición, Caballero proclamou que os socialistas “seguiremos defendendo o estado de benestar e o público ante os recortes cos que ameaza Feijoo”. Por iso, instou á Xunta a mudar a súa política económica, a quitarse “o traxe ideolóxico do PP” e a “adoptar políticas positivas”. “Fracasaron nas crises anteriores e foron a remolque na pandemia”, lembrou. “Seguir ancorados na baixada de impostos para desfacer o estado benestar, non apoiar a política industrial e non ter política económica é a vía para levar a España a un camiño peor”.

A INICIATIVA SOCIALISTA

Polo miúdo, na iniciativa defendida por Gonzalo Caballero, o Grupo Socialista instaba á Xunta a adecuar o Plan estratéxico de Galicia para o novo tempo derivado da guerra de Ucraína e as súas consecuencias económicas.

Ademais, solicitábase acordar cos axentes sociais de Galicia as bases da política económica da Xunta ante o novo escenario de crecemento dos prezos e apostar por unha nova política industrial que faga fronte aos retos da industria galega no novo contexto internacional de crise da oferta ante o risco de escaseza de certos insumos, encarecemento de custes e caída e
recomposición da demanda.

Ao mesmo tempo, demandaba desenvolver plans económicos de acción sectorial para protexer, respaldar e salvar empresas en sectores especialmente afectados como, entre outros, transportes, pesca, mar-industria e agrogandeiro. Nesta liña tamén demandaba deseñar plans de rescate para empresas e persoas traballadoras autónomas afectadas por esta situación, incluíndo fondos e mecanismos de axudas.

Do mesmo xeito, a proposta pedía levar a cabo políticas polo lado da oferta e dos custes para impulsar a evolución e resiliencia do sistema produtivo nun escenario inflacionista, redefinindo o papel do IGAPE no novo escenario macro e microeconómico.

Como último punto, Caballero solicitáballe ao goberno galego redefinir a súa política tributaria para protexer o poder adquisitivo da cidadanía, especialmente da que se atopa nunha situación máis vulnerable, e reforzar o carácter progresivo e equitativo da política fiscal. Neste senso, Caballero recomendou ao PP iniciar os cambios tributarios desfacendo a última reforma do imposto de patrimonio que a Xunta fixo para beneficiar aos millonarios e grandes patrimonios.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18