Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo acusa á Xunta de presentar a Lei de Ciclo Integral da Auga “coa machada na man”, sen diálogo e contra a autonomía e suficiencia financeira dos concellos

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, acusou hoxe á Xunta de presentar a Lei de Ciclo Integral da Auga “coa machada na man”, sen diálogo, e vulnerando os principios de autonomía e suficiencia financeira dos concellos. A responsable socialista presentou unha emenda á totalidade do texto, que comezou hoxe o trámite parlamentario co voto en solitario do PP.

Rodríguez Rumbo alerta das carencias recoñecidas polo goberno galego na prestación dos servizos de abastecemento e saneamento da auga e da obriga de ofrecer solucións para a xestión eficiente e de calidade da auga. Acusou á Xunta de derivar a responsabilidade e os custes nas entidades locais, malia que os deixa sen garantir o financiamento para asumir os custes que obriga o novo texto.

Así o sinalan as alegacións presentadas a este texto, que alertan da “falla de diálogo e consensos para chegar a acordos” e rexeitan a “imposición unilateral por parte da Xunta”. A responsable socialista sinalou que na Lei “nin se percibe coñecemento nin diagnose nin moito menos solucións da man dun acordo estratéxico previo nin de acordo cos concellos”.

Ben esencial

Lembrou que a auga constitúe “un ben esencial para a cidadanía e a actividade económica” e reclamou que “todas as administración se impliquen para garantir un subministro e un tratamento seguro, sostible e de calidade” e garantir un “consumo responsable e unha xestión eficaz e eficiente”. Reivindicou unha actuación da Xunta baseada no “diálogo e a colaboración, sen imposicións unilaterais coas que pretendan condicionar aos concellos e deputacións provinciais”.

A parlamentaria socialista demandou un Plan Estratéxico para o desenvolvemento das obras, a periodificación, o financiamento, o estudo e as taxas, e urxiu á Xunta a “deixarse de criticar e traballen para elaborar proxectos que poidan optar aos fondos europeos”.

Afeoulle ao goberno galego unha xestión desastrosa que derivou na apertura de procedementos sancionadores na UE polo incumprimento dos requisitos no tratamento de augas, como a Edar de Soutomaior, obrigando a pagar multas de 4 millóns de euros.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18