Categorías: ActualidadeUncategorized

Gonzalo Caballero propón á Xunta “compromiso” con Chantada, apostando por melloras no centro de saúde, a depuración de augas e a biblioteca

Chantada, 29 de xaneiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo coa voceira socialista na vila, Raquel López.

Dende alí, Gonzalo Caballero demandou á Xunta que amose “compromiso” con Chantada, apoiando o proxecto da depuradora municipal e mellorando o local da biblioteca, ademais de apostando polo centro de saúde onde a telemedicina non arranxa os problemas da Atención Primaria.

“O goberno galego ten que apostar por darlle futuro á Galicia interior”, sinalou o líder do PSdeG, quen subliñou como “fundamental” dar servizos de boa calidade para fixar poboación no rural.

Así pois, Gonzalo Caballero lamentou que o PP non aceptara ningunha das emendas do Grupo Socialista aos Orzamentos da Xunta para mellorar os servizos sociais para impulsar as necesidades de Chantada.

Nese bloque de propostas, ademais, o PSdeG reclamou “unha aposta decidida” da Xunta pola creación de emprego e a formación dos desempregados na bisbarra, así como para medidas de apoio á hotalería e o comercio local.

Finalmente, no eido sanitario, Gonzalo Caballero requiriu medidas de “reforzo”, con servizos de Neuroloxía, Cardioloxía e Dixestivo no hospital de Monforte, melloras na atención primaria e atendendo unha cuestión longamente demandada como é o reforzo da Psicoloxía nos PAC, especialmente ante os efectos na saúde mental desta crise.

Pola súa banda, a voceira socialista en Chantada, Raquel López, agradeceu a visita do líder do PSdeG á vila, así como a “sensibilidade” que sempre amosou coas necesidades deste municipio lucense.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13