Categorías: ActualidadeActualidade do partidoSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero pide aos galegos que “non se resignen a crer que a Galicia do PP e a única posible” e reivindica que o PSdeG está “cargando as pilas” para lograr “o cambio” que se precisa

O secretario xeral do PSdeG acusa á dereita de “pensar só nas grandes contas” e “olvidarse da cidadanía” e compromete un novo tempo político con “dignidade, ilusión e exemplaridade”

Oroso, 3 de febreiro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe na clausura da asamblea dos socialistas de Oroso para apelar aos militantes e simpatizantes presentes a “traballar todos xuntos” para lograr “o cambio” que tanto España como Galicia precisan.

Tanto ás xeracións máis novas como aos maiores dirixiuse o líder dos socialistas galegos para pedirlles que “non se resignen a crer que a Galicia do PP é a única posible”, senón que é momento de recuperar as conquistas sociais que puxeron en marcha os gobernos progresistas.

Cunha mención aos executivos de Fernando González Laxe e Emilio Pérez Touriño, que situaron o Estado do Benestar en primer termo, Gonzalo Caballero exhibiu o “orgullo” de pertencer a un partido como o PSOE, que “impulsou” os servizos públicos e as pensións. “Temos toda a lexitimidade de ter demostrado o compromiso coa xente”, proclamou.

Fronte a este xeito de gobernar, afeou á dereita que “pensa só nas grandes contas” mentres “se olvida da cidadanía”, que segue sufrindo “a crise e as dificultades”. Non en van, sinalou que son moitos os mozos que teñen que saír na procura de oportunidades laborais e que a calidade de vida dos maiores segue empeorando.

Así é que recalcou que o PSdeG está “cargando as pilas” para ofrecer aos galegos “un proyecto para unha Galicia máis puxante e dinámica, de modernización e progreso”. “Debémosllo a Galicia”, subliñou, antes de comprometer “novas formas de facer política, con dignidade, ilusión e exemplaridade, e con experiencia”.

“NON NOS PODEMOS CONFORMAR”

“Non nos podemos conformar cun futuro negro”, remarcou Gonzalo Caballero, en referencia aos resultado que deixan “os gobernos de Feijóo e Rajoy, Rajoy e Feijóo”.

Así é que, xunto esa conformación dun proxecto para Galicia, chamou tamén o líder dos socialistas galegos a traballar para que Pedro Sánchez “se convirta no próximo presidente do Goberno de España”.

“Por nós, e pola xente que vén despois de nós, polo futuro do país. Necesitamos facelo”, apelou, fronte á “insensibilidade social” que caracteriza a etapa de goberno de Mariano Rajoy.

“GALICIA NECESITA UN CAMBIO”

Tamén na idea de que “Galicia necesita un cambio” abundou o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, quen garantizou “traballo duro” para lograr uns bos resultados nas eleccións municipais do ano próximo e impulsar o partido tanto a nivel galego como federal.

Pola súa banda, a recén elexida secretaria xeral do PSOE de Oroso, Vanesa Boo, prometeu tamén “compromiso e dedicación” na tarefa de darlle máis pulo á organización.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57