Categorías: #12XActualidade

Gonzalo Caballero: “o voto ao PSdeG é a vacina fronte ás políticas de recortes en sanidade e á irresponabilidade daqueles que non poñen a saúde por riba de todo”

O candidato socialista critica a xestión dun PP “que pediu levantar o Estado de Alarma e agora está ausente na Mariña”, demostrando que “non está á altura de xestionar esta crise”

José Luis Ábalos acusa a Feijóo de utilizar Galicia “como trinchera frente al Gobierno de la nación”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, dixo hoxe que “o voto ao PSdeG é a mellor vacina fronte ás políticas de recortes en sanidade e á irresponsabilidade” dun PP que “non está á altura de xestionar a crise” do rebrote do coronavirus na Mariña. Caballero visitou hoxe a Lugo xunto coa alcaldesa, Lara Méndez, do presidente da Deputación, José Tomé, e celebrou un acto en Pontevedra xunto co ministro de Mobilidade, José Luis Ábalos.

Gonzalo Caballero criticou hoxe que o presidente da Xunta estea “desaparecido” da Mariña, logo de demostrar a súa “irresponsabilidade” cando “pediu levantar o Estado de Alarma, igual que hoxe non está poñendo a saúde nin tódalas garantías sanitarias por riba de calquera outra clave”. Dixo que “a mellor forma de falar da reconstrución de Galicia é poñer á fronte da Sanidade a quen priorice o dereito á saúde de todos”.

Preguntou se “alguén se cre que co que está pasando na Mariña poidamos ter un presidente da Xunta que non convoque aos partidos políticos de Galicia nunha situación de risco de saúde, con cento de persoas en risco e que siga escondido?”. Criticou a súa “falla de empatía” cos 70.000 galegos e galegas illados na comarca, mentres “nin sequera quere chamar aos representantes da oposición”.

Sinalou que presidente da Xunta, engadiu, “ten a obriga democrática, legal e moral de garantir que tódolos galegos poidan exercer o seu dereito ao voto co total seguridade sanitaria”. Acusou a Feijóo de exercer de “profesional do escapismo político” manténdose “pechado en Monte Pío, illado da realidade e botando balóns fora para eludir as súas responsabilidades”.

O líder dos socialistas galegos reiterou hoxe a petición dun encontro ao máximo nivel político para acordar a folla de ruta para buscar a vía legal da suspensión das eleccións na Mariña. Criticou que Feijóo “no quere asumir ningún tipo de colaboración á hora de conciliar dereitos democráticos e garantías sanitarias” e opte por “marcar unha folla de ruta de maneira unipersoal e de forma interesada”.

Criticou que non se teña posto en contacto cos socialistas galegos para trasladar o que está acontecendo na Mariña cando “temos os datos oficiais e tamén informacións dende a Mariña provintes de profesionais sanitarios moi preocupados porque evidencian que o rebrote está crecendo cada día con máis contaxiados”.

Amosou o seu asombro por que o presidente da Xunta “non entenda a preocupación dos veciños de A Mariña” e advertiulle “que teña coidado, porque a indignación crecente da xente pola súa falla de sensibilidade diante do rebrote vai ser tamén un impulso para sacalo da Xunta de Galicia”.

Dixo que “se deciden manter a data electoral hai unha razón máis para votar ao PSdeG” e darlle resposta á actuación de Feijóo, e a un PP que “abandona á Mariña” e que “non lle deu solución á crise de Alcoa, recorta no Hospital de Burela, e que agora” segue sen entender a situación pola que están pasando os veciños e veciñas, só amparados polos seus alcaldes e alcaldesas.

Galicia merece un cambio

O candidato socialista subliñou hoxe que “Galicia merece un cambio” logo de 11 anos de goberno do PP, e insistiu en que “o único cambio posible é o cambio liderado polos socialistas”. Explico que os socialistas “defendemos os dereitos sociais e queremos unha saída da crise na que ninguén quede na cuneta e unha política de reconstrución que poste pola xente, polos cidadáns e polos que teñen máis dificultades”.

Comprometeuse a “apostar polos servizos públicos, e sinaladamente pola saúde pública” e engadiu que “os socialistas estamos preparados para colocar á fronte da Consellería de Sanidade e da Dirección Xeral de Saúde Pública aos mellores profesionais, expertos na xestión sanitaria”.

Caballero chamou á mobilización do voto “de progreso, que quere que Galicia avance” e solicitou o apoio ao PSdeG como a “marca orixinal que na defensa da sanidade, da educación, das residencias públicas, para saír da crise con máis Estado do Benestar e cunha nova política económica e industrial que xere emprego de calidade para que ninguén quede atrás”.

Galicia como trincheira

O secretario de Organización do PSdeG e ministro de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luis Ábalos, reclamou o apoio ás “políticas que ponen en valor lo público y que tienen como prioriad a los ciudanos” fronte a un presidente da Xunta que utiliza Galicia “como trinchera frente al gobierno de la nación”.

Sinalou que Feijóo emprega á Comunidade Autónoma como “una parada, un apeadero, un tiempo de espera para asumir el liderazgo del PP”. Dixo que o presidente da Xunta “siempre está donde está la derecha, y sus diputados en el Congreso se alinean con lo más radical, por más que esconda las siglas”.

Confesou que “no acabo de entender que se considere más alto que el proyecto colectivo que lidera, con esa demostración de inmodestia y que se avergüence de su partido mientras sigue formando parte de él”.

Ábalos reclamou “lealtad y compromiso” para que Galicia tamén saia da crise apostando polos servizos públicos ao tempo que “mantener la solvencia de las empresas, con reponsabilidad y solidaridad”. Sinalou que “la única fuerza política que puede representarlo es el PSOE, y el único que puede representarlo en Galicia es Gonzalo Caballero”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28