Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “O 5A xógase entre un proxecto de recortes en sanidade e educación e un proxecto de esperanza que aposta polo estado do benestar”

O candidato socialista compromete a construción do centro de saúde de Vilagarcía “coa máxima celeridade posible” e acometer as beirarrúas de Bamio nos primeiros seis meses de goberno

O alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp valora o “compromiso” de Gonzalo Caballero coa súa vila e destaca que “a hora do cambio” na Xunta “está moi preto”

Vilagarcía de Arousa, 25 de febreiro de 2020. O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que as eleccións do vindeiro 5 de abril xóganse “entre un proxecto de recortes en educación e sanidade públicas e un proxecto de esperanza que aposta polo estado do benestar”.

“Todos os que queren un estado do benestar potente e uns servizos públicos de calidade, e castigar a un Feijóo que se esqueceu dos que máis necesitan a axuda da Xunta, que acompañen un proxecto de cambio por unha Galicia mellor”, recalcou Gonzalo Caballero.

Así o dixo durante a visita a Vilagarcía coa que pechou hoxe a rolda de contactos cos alcaldes socialistas das cidades, posto que o rexedor, Alberto Varela, é ademais o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias. Tras amosar o seu “compromiso” coa vila, o líder socialista garantiu “unha Galicia a carón dos concellos”, que se están vendo obrigados a paliar a inacción da Xunta de Feijóo.

“Feijóo esqueceuse dos concellos e non cumpriu coas súas competencias nos servizos, as infraestruturas, o patrimonio, a riqueza natural…”, sinalou Gonzalo Caballero, quen lamentou que “os concellos teñen que dar solucións” á xente porque a Xunta non o fai a pesares de ter “máis recursos”.

A modo de exemplo, indicou como son os concellos os que acaban arranxando as instalacións dos colexios públicos porque Feijóo “non cumpre” tampouco coas súas obrigas de mantemento tras unha década na que “eliminou escolas e profesores e reduciu os orzamentos da educación pública”.

“Nós queremos un novo mapa de acción municipal en sinerxia co goberno progresista da Xunta”, incidiu, despois de apuntar que “máis do 55% dos galegos teñen un alcalde ou alcaldesa socialista” porque o PSdeG goberna en máis dun centenar de concellos. “E na defensa do benestar, terán na Xunta ao mellor aliado. Cumprir co benestar dos galegos é o gran reto que imos cumprir”, asegurou o candidato socialista.

“COMPROMISO” CON VILAGARCÍA

Canto a Vilagarcía, Gonzalo Caballero destacou a “boa xestión” do equipo de goberno encabezado por Alberto Varela, “un alcalde de referencia cun gran proxecto”, e garantiulle que atopará nun goberno presidido por el “un aliado en defensa dos intereses dos seus veciños”.

Consciente de que “o PP recortou dereitos a Arousa” no que atinxe, por exemplo, á atención médica, o candidato do PSdeG á Xunta comprometeuse “de forma pública e clara” a que “un goberno progresista vai construír o centro de saúde” que necesita a vila “coa máxima celeridade posible”.

Porque a sanidade, como dixo Gonzalo Caballero, “vai ser un compromiso e unha bandeira fundamental” do goberno de cambio que saia das urnas o vindeiro 5 de abril. Así mesmo, asegurou que cuestións como as beirarrúas de Bamio levaranse adiante “nos primeiros seis meses”.

Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela, sinalou que “a necesidade dun cambio na Xunta” é algo que “se percibe”. “O necesita a sanidade e os nosos servizos públicos”, resaltou, e engadiu que “o necesitan os concellos en xeral e Vilagarcía en particular”.

Porque despois de 11 anos de non dar resposta “ás inquedanzas e os problemas dos veciños” desta vila, argumentou o rexedor, “necesitamos un presidente da Xunta que se comprometa a construír o centro de saúde, a facer as beirarrúas de Bamio…”. “A boa nova é que a hora do cambio está moi preto e que o próximo presidente da Xunta será Gonzalo Caballero”, finalizou Alberto Varela.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08