Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero compromete unha Xunta progresista “aliada das cidades” fronte a un Feijóo ao que lle sae “urticaria urbana” polas súas derrotas electorais

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse hoxe na Coruña a presidir unha Xunta de Galicia que sexa “aliada” das grandes cidades logo de 11 anos dun Feijóo que “foi inimigo das cidades”. Así o dixo na visita á Coruña, onde mantivo un encontro coa súa alcaldesa, a socialista Inés Rey, e membros do goberno municipal.

O líder dos socialistas galegos sinalou que a Feijóo “non lle gusta o escenario urbano” e que padece de “urticaria” cando visita as cidades “porque sabe que hai unha maioría de progreso liderada polo PSdeG, tamén na Coruña, unha cidade progresista que rexeita ás dereitas”. Fronte a isto, prometeu un goberno progresista que sexa “o mellor aliado para resolver os asuntos pendentes” das cidades.

En concreto, Gonzalo Caballero apostou por un “novo reencontro do goberno galego coa cidadanía do país”, a través da aposta polo estado do benestar e os servizos públicos, as novas políticas urbanas e tamén no medio rural, e que defenda unha nova política económica e industrial. O goberno socialista, dixo, terá que reparar a “década nefasta” de Feijóo, que “non estivo a carón dos máis desfavorecidos na crise e tampouco agora cando hai recuperación”.

Gonzalo Caballero comprometeuse hoxe coa cidade e dixo que “sen o apoio e o impulso da Coruña, o futuro de Galicia estaría lastrado e sería imposible vertebrar o territorio e o norte de toda a comunidade”. Defendeu un novo proxecto liderado por un PSdeG “cómplice” coa cidade e que revitalice a sanidade, a educación pública e a cultura e que apoie ao sector industrial.

“CÓMPLICE DA CORUÑA”

O candidato socialista anunciou un proxecto “real e non baseado na política de Power Point na que vive Feijóo”. Criticou así que logo de 11 anos recortando a sanidade, sen contratar persoal, recortando servizos como Pediatría e Atención Primaria, anuncie unhas semanas antes das eleccións un proxecto de hospital “que aínda non existe”.

Gonzalo Caballero asegurou que o goberno socialista estará “a carón da alcaldesa” para desenvolver os grandes proxectos da cidade en materia de educación, sanidade ou cultura, onde Feijóo “deulle as costas aos cidadáns”. Apuntou así ao proxecto de Cidade das TIC que o PP “non quería facer” e que el mesmo analizou co reitor da Universidade da Coruña para impulsalo e levalo adiante, para facer da cidade unha “referencia internacional”.

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, subliñou que “aos galegos e ás galegas vainos ben cun goberno progresista na Xunta” que permita “desbloquear” os proxectos fundamentais para a cidade paralizados nos últimos dez anos en materia de educación, sanidade, desenvolvemento económico e infraestruturas.

VIRAXE Á ULTRADEREITA

Gonzalo Caballero acusou ao candidato do PP galego de ser “cómplice” do “xiro á ultradereita” protagonizado polo líder do PP, Pablo Casado, porque “cando pacta con Vox parécelle ben”.

“Feijóo quere agochar as siglas do PP pero é o máis conservador, como era Gallardón, que cara fóra parecía moi progre, pero era un conservador dogmático que fixo unha mala xestión pública”, recalcou.

Así o dixo en resposta a preguntas sobre a situación provocada no PP vasco, e engadiu que “o PP erra nesa estratexia de viraxe cara á ultradereita” respaldada por Feijóo. De feito, Gonzalo Caballero retou a Feijóo a “desculparse por votar no Parlamento de Galicia contra as iniciativas do PSdeG a favor dunha lei que regule a morte digna” se quere ter “un perfil moderado”.

“AS MELLORES CANDIDATURAS PARA GAÑAR O 5A”

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG-PSOE ratificou o seu “compromiso para presentar as mellores candidaturas para gañar as eleccións e gobernar en Galicia”, que lle dean ao país “unha nova fase e un novo tempo político”.

Precisamente, aseverou que os socialistas galegos están “activando as pilas” e “preparados” para unha campaña electoral que active ao electorado e deixe ao PP “noqueado”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08