Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Non permitiremos que a corrupción institucionalizada que o PP asumía en España poida seguir en Galicia”

A vicesecretaria xeral do PSOE advirte que “tenemos el fascismo a las puertas del Congreso” e chama a paralo indo “todos a votar”

Ourense, 7 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe en Ourense nun acto en compañía da vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, e, a falta de catro días para o inicio da campaña das eleccións xerais, advertiu a Feijóo de que “ten que tomar medidas” para solventar a crise orixinada na institución do Valedor do Pobo a raíz do nomeamento “nulo, ilegal” da irmá de Pedro Puy.

“Non pode iniciar a campaña nesta situación”, recalcou Gonzalo Caballero, para deixar claro que “este PSdeG non ten ningún complexo” e que “ten toda a forza e toda a dignidade para plantarlle cara” e dicirlle que “non permitiremos que a corrupción institucionalizada que o PP asumía en España poida seguir en Galicia”.

“Ímoslle sacar as cores ao mestre do cinismo político”, afondou o líder do PSdeG, quen sacou a colación como Feijóo “calaba” cando Rajoy non permitía gastar o superávit, deixaba de investir en Galicia 2.000 millóns de euros orzamentados ou non permitía debater sobre a transferencia da AP-9. “Agora fala de autogoberno, de orzamentos, de servizos públicos…”, ironizou, consciente de que “a credibilidade” de Feijóo xa é “nula”.

E é que a súa década á fronte da Xunta deixa “un baleiro” que se evidencia na caída da poboación, no recorte de profesionais sanitarios ou na diminución de camas hospitalarias. “A mobilización xa é masiva”, sinalou Gonzalo Caballero, porque Galicia quere “futuro” e “espertar do sono dos desastres”.

Neste senso, o máximo dirixente dos socialistas galegos considerou que o xeito de “gobernar para a maioría” que evidenciou Pedro Sánchez nos últimos 10 meses ten que seguir sendo a referencia polo que supón de “avance cara unha sociedade máis plural, máis xusta, máis igualitaria e onde caibamos todos”. Por iso, chamou a unha “mobilización masiva” o 28 de abril, porque “cada voto decide”.

“EL FASCISMO A LAS PUERTAS”

Ao fío disto, a vicesecretaria xeral do PSOE recordou que a moción de censura contra Mariano Rajoy era “necesaria” pola corrupción que evidenciou a sentenza da Gürtel e pola crise “social, territorial e institucional” que deixou ese goberno.

Agora, como sinalou Adriana Lastra, o goberno que encabeza Pedro Sánchez amosou que “no todos somos iguales” e que, pese ás súas “mentiras” e “difamaciones”, está “trabajando” por mellorar a calidade de vida dos españois.

“¿Qué les molesta de que se destinen 200 millones de euros a luchar contra la violencia de género? ¿O de que se suban las pensiones?”, inquiriu, e advertiu de que estes dereitos serán “recortados” se a dereita volve ao goberno.

Dito isto, Adriana Lastra sinalou que “solo ganaremos si vamos todos a votar” tras alertar de que “tenemos al fascismo a las puertas del Congreso” e “hay que pararlo”.

“URNAS CHEAS DE AVANCE”

A número un ao Congreso por Ourense, Marina Ortega, foi a encargada de abrir o acto poñendo en valor a importancia de medidas do goberno socialista como a subida do salario mínimo interprofesional e das pensións, máxime nunha provincia envellecida como é a súa, pese a que a dereita dicía que “era imposible”.

Por iso, Marina Ortega vaticinou que o 28 de abril as urnas estarán “cheas de avance e progreso”. “Onde a dereita dicía que non, a cidadanía dirá si”, concluíu.

“SOBRAN EXEMPLOS”

Pola súa banda, o alcalde do Barco e presidente da Fegamp, Alfredo García, corroborou que “sobran motivos” para revalidar o goberno de Pedro Sánchez, ao tempo que apuntou que o bo resultado deses comicios será “un empuxón tremendo” para os socialistas nas vindeiras municipais.

Ademais, o secretario provincial do PSOE en Ourense e candidato á alcaldía da cidade das Burgas, Rafael Rodríguez Villarino, proclamou que “estamos máis fortes ca nunca” e asegurou que a “ilusión” que ten o partido servirá para “mudar a realidade da provincia” comezando pola cidade, onde “non hai proxecto de futuro”.

“Nós temos un proxecto centrado nas persoas”, recalcou Villarino, en alusión aos maiores, aos dependentes, a aqueles que viven sós ou aos que teñen problemas para pagar as súas facturas, e facendo tamén “bandeira” da cultura.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18