Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero na manifestación do 8M: “Tras once anos de desprezos de Feijóo ao feminismo, o goberno progresista na Xunta terá unha axenda de compromiso coa igualdade”

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe na Coruña na manifestación do 8M, dende onde asegurou que o Goberno progresista que saia das urnas o vindeiro 5 de abril terá “unha axenda de compromiso coa igualdade” despois de “once anos de desprezos de Feijóo ao feminismo”.

“Temos un compromiso coa igualdade real e os dereitos da muller”, recalcou Gonzalo Caballero, quen comprometeu unha consellería de Igualdade, unha rede potente de Centros de información á Muller con máis recursos, máis vivendas para vítimas da violencia machista e iniciativas de loita “clara” contra a fenda salarial.

Sobre todo, sinalou o candidato socialista, porque Feijóo, ao longo destes 11 anos, “desprezou” avances como a lei de igualdade no traballo aprobada polo goberno de Emilio Pérez Touriño, que deixou “metida nun caixón”. “Non houbo nin un só adianto neste eido”, denunciou.

“Feijóo só entende o feminismo como un instrumento electoral”, criticou Gonzalo Caballero, quen censurou a utilización do lema electoral do PP no acto institucional da Xunta por boca da presentadora con motivo do 8M. “Facendo campaña con cartos públicos”, engadiu, sen esquecer que “hai poucos meses, Feijóo dicía que non sabía que era o feminismo”.

Neste escenario, o líder do PSdeG aseverou que “en Galicia é necesario un cambio de goberno” e comprometeuse a “traballar a carón do feminismo para acadalo”.

8M NA CORUÑA

En compañía da alcaldesa, Inés Rey, a quen destacou como “un referente dunha nova xeración de mulleres con impulso para o futuro de Galicia”.

Pola súa banda, a rexedora sinalou que a do feminismo “é unha loita que non empeza nin remata” o 8M e destacou o “orgullo” de encabezar un goberno que loita pola igualdade todos os días do ano.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18