Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero comprométese a axilizar as valoracións da Dependencia e facer efectivas as axudas con carácter inmediato

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe o seu “compromiso claro coas políticas sociais”. Aproveitou a presentación das candidaturas de Ourense e Lugo para anunciar que o goberno progresista que saia das urnas o 5A axilizará os expedientes da dependencia e garantirá que a concesión das axudas sexa “inmediata” en canto se recoñeza o dereito.

“Non pode ser”, dixo Gonzalo Caballero, que haxa persoas co dereito recoñecido e que agardan pola prestación ou servizo “meses ou anos”, ou que algúns incluso non o reciban ata o seu falecemento.

Ademais, o candidato socialista avanzou que realizará unha planificación estratéxica encamiñada a incrementar as prazas en residencias para maiores e centros de día. Trátase, engadiu, de acabar co déficit que existe en Galicia de 15.000 prazas de residencias para maiores, segundo os baremos da OMS.

Así é que “cada Consello da Xunta” a partir do 5 de abril amosará o compromiso co incremento de prazas públicas a través dun plan de acción en favor da atención aos maiores. Ademais, estudaranse fórmulas de cooperación nos casos nos que sexa necesario, a fin de garantir o servizo.

Tras amosar o “compromiso claro” do PSdeG coa atención aos maiores, o candidato socialista contrapuxo estas propostas en positivo co resultado de 11 anos de goberno de Feijóo nos que non cumpriu coas necesidades de prazas de residencias públicas en Galicia.

ALMORZOS CON FEIJÓO

De feito, Gonzalo Caballero sinalou que “Feijóo está pechando o ciclo” cunha rolda de “almorzos con cargos do PP”, nos que queda patente que “non ten proxecto de futuro para Galicia” máis alá da “continuidade da agonía” tras 11 anos de “desastre” que deixan “unha Galicia que foi a peor”, con 70.000 ocupados menos e na que morren dúas persoas por cada unha que nace.

“Fronte a ese retroceso laboral, ao abandono do medio rural, fronte a eses datos demográficos e aos recortes sociais e sanitarios”, recalcou o candidato socialista, “vimos coas pilas cargadas, cos deberes feitos e preparados para darlles esperanza aos que queren unha Galicia mellor”.

O candidato socialista presentou hoxe “as mellores candidaturas, os mellores perfís e o mellor proxecto de goberno para darlle resposta á demanda de cambio” que subscriben -dixo- seis de cada 10 galegos e galegas e tres de cada catro mozos e mozas de entre 18 e 20 anos de idade.

OURENSE

Gonzalo Caballero comezou a xornada presentando a candidatura de Ourense, encabezada por Marina Ortega e Juan Carlos Francisco, que en 2019 encabezaron tamén as listas ao Congreso e ao Senado pola provincia.

Neste contexto, chamou a repetir os “resultados históricos” colleitados, sendo Ourense a cidade con máis porcentaxe de voto socialista de toda España nas eleccións xerais.

Por iso, apelou a Ourense a converterse no “motor do cambio” para que Feijóo “perda a posición maioritaria” e para “acabar co caciquismo de Baltar e que o esperpento e a ineficiencia de Jácome teñan un castigo claro nas urnas”. “A maioría cidadá de Ourense quere sacar do medio a Baltar e a Feijóo, porque están arrepiados cada vez que ven quen é o alcalde de Ourense que colocaron aquí entre Baltar e Feijóo”, engadiu.

Ademais, o líder do PSdeG escolleu Ourense para sinalar a aposta polas políticas sociais dos socialistas galegos logo de que fora “o epicentro da primeira gran vitoria da maioría progresista galega que lle impediu a Feijóo pechar o paridoiro de Verín e seguir adiante no seu plan de pechar tódolos paridoiros dos hospitais comarcais de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18