Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero lamenta que o aprazamento das oposicións “chega tarde” e detecta “falla de rumbo” na política educativa de Feijóo

O secretario xeral reclama medios para o acceso ao ensino telemático ante a “fenda dixital” que existe en Galicia e medidas de reforzo para o alumnado con diversidade funcional

Santiago, 22 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, sinalou hoxe que o aprazamento das oposicións docentes “chega tarde”, despois de semanas de reclamacións por parte das forzas políticas e tamén dos propios opositores ante a “evidencia” de que en xuño non se podería concentrar a milleiros de persoas para facer un exame.

“Pedímosllo varias veces”, recordou Gonzalo Caballero durante a comparecencia da conselleira de Educación ante a Deputación Permanente, ao tempo que apuntou que o propio Feijóo sinalaba o domingo pasado que tentaría manter o calendario previsto.

Neste escenario, o líder dos socialistas galegos recalcou “a falta de rumbo e de orientación” da política educativa de Feijóo, que se amosou tamén na “improvisación” de obrigar inicialmente a parte do persoal a acudir aos centros ou na escaseza de medidas para favorecer a ensinanza telemática.

Precisamente por iso, Gonzalo Caballero reclamou á Xunta “abandonar o discurso da finxida anticipación”, porque o goberno galego só impulsou un peche “optativo” das aulas o venres no que o goberno de España anunciou o decreto de estado de alarma.

Así pois, o máximo dirixente dos socialistas galegos reivindicou o compromiso do PSdeG coa educación pública e pediu poñer “as luces de largo prazo” para afrontar esta situación. “Non se pode vivir no mundo da indefinición”, recalcou Gonzalo Caballero, e volveu pedir un posicionamento claro sobre como deseña a Xunta a conclusión do curso escolar.

MEDIDAS

Así as cousas, tras sinalar que existen “moitas dificultades” de conexión a causa da “fenda dixital” existente -Galicia é a segunda comunidade pola cola de España en taxa de cobertura de internet de alta velocidade-, Gonzalo Caballero chamou a dotar de medios ao alumnado para que poida acceder á ensinanza online.

Do mesmo xeito, o voceiro parlamentario socialista requiriu que as primeiras matrículas da universidade sexan gratuítas, liberar ás familias da carga dos libros de texto volvendo aos materiais sen custe  e deseñar un programa específico para o reforzo educativo dos alumnos con diversidade funcional.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04